Comunicación previa de instalación de elementos publicitarios en locais - a través de representante CP-005

Mediante este trámite poderá realizar a comunicación previa para instalación de novos elementos publicitarios en locais comerciais ( rótulos, toldos, bandeirolas, etc), é dicir, carteis ou rótulos que sirvan para indicar a denominación social de persoas físicas ou xurídicas ou o exercicio de actividade mercantil, industrial, profesional ou de servizos a que os locais se dediquen e non teñan finalidade estritamente publicitaria. Non se inclúen outros soportes publicitarios.

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica que vaia a realizar unha actividade suxeita a comunicación previa.

Relación de actividades suxeitas a comunicación previa.

Como facelo

Por Internet

Premendo no botón "Tramitar por Internet" pode realizar o pago da autoliquidación online e enviar a documentación requirida de forma telemática. Desta maneira a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.

Obrigatoria de conformidade co artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas: Persoas xurídicas, Entidades sen personalidade xurídica. Profesionais de colexiación obrigatoria, no exercicio de súa actividade profesional e quen represente a obrigados a relacionarse de forma electrónica.




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Deberá achegar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co xustificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.

Documentación requirida

    • Impreso normalizado de comunicación previa de obras maiores, instalacións, peches e rótulos CP-005
    • Impreso de autoliquidación da taxa correspondente
    • Persoas físicas
      Identificación no rexistro ou na sede electrónica. Quen compareza ou asine en representación doutra, acompañarán un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable) e copia do DNI do representado.
    • Persoas xurídicas
      Identificación no rexistro ou na sede electrónica do representante e documentación acreditativa da representación e escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate. Non é necesario nas solicitudes realizadas na sede electrónica co certificado electrónico da persoa xurídica.
    • Plano de situación e emprazamento
      A escala mínima 1:2000 e 1:500 respectivamente
    • Reportaxe fotográfica
      Incluídas fotografías da totalidade da fachada e da zona na que se pretende instalar os rótulos
    • Memoria descriptiva
      Memoria descritiva da instalación que se pretende realizar, asinada por persoa técnica competente, con indicación de materiais e acabados, e planos a escala dos rótulos nos que se indiquen as súas dimensións e posición respecto da beirarrúa, así como na fachada do edificio onde se proxecte a colocación.
    • Fotocopia da licenza de actividade
      Copia da licenza de actividade que se desenvolve no edificio ou local ou da comunicación previa de inicio de actividade.
    • Orzamento detallado das obras ou actuación a realizar
    • Copia das restantes autorizacións
      Copia das restantes autorizacións e, de ser o caso, concesións administrativas cando sexan legalmente esixibles ao solicitante, ou acreditación de terse solicitado o seu outorgamento. No caso de achegar a acreditación da súa solicitude, non poderá iniciar a obra ata o seu outorgamento.
    • Documentación complementaria
      Se a actuación proxectada se atopa no contorno de protección dun ben incluído no Catálogo do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente, deberá xustificar que as obras están comprendidas entre as enumeradas no artigo 45.2 da Lei 5/2016 do patrimonio cultural de Galicia e, polo tanto, non precisan a autorización prevista no artigo 39.1 da dita lei. No caso de obras que non cumpran a anterior condición e se atopen no ámbito de protección dun elemento catalogado cun nivel de protección ambiental ou estrutural, deberá solicitar nesta administración autorización, previa á eficacia da comunicación previa, de conformidade co artigo 39.1 da LPCG.
    • Declaración responsable (ou certificado colexial) do técnico redactor do proxecto
      Declaración responsable (ou certificado colexial) da ou do técnico redactor da documentación técnica no que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado/a ou incurso/a en causa de incompatibilidade.
  • No caso de edificacións situadas nos ámbitos de Plans especiais de protección (PEEC, Casco Vello, Bouzas)
    • Memoria xustificativa
      Memoria xustificativa do cumprimento das condicións estéticas, que deberá conter a seguinte documentación: - No caso de actuacións dentro do ámbito do PEPRI Casco Vello: Xustificarase o cumprimento do art. 3.6 da Normativa Urbanística do PEPRI do Casco Vello de Vigo no que se indican as condicións estéticas das edificacións (aprobación definitiva 12.04.07-DOG 6.06.07). - No caso de actuacións dentro do ámbito do PEPRI de Bouzas: Xustificarase o cumprimento do capítulo VII: Regulación das condicións estéticas (art. 50 e ss.) da Normativa Urbanística do PEPRI de Bouzas (aprobación definitiva 30.09.02-BOP 11.11.02). - No caso de actuacións no ámbito do Plan Especial de Edificios a Conservar: Indicaranse os acabados (materiais, cor e texturas) que se axustarán ó regulado no artigo 8.2 Normas estéticas e de composición das normas urbanísticas do Plan especial de edificios, conxuntos e elementos a conservar, PEEC (aprobación definitiva 25.10.90-BOP 17.01.91). - Presentaranse fotografías da fachada e da contorna da edificación e, se se actúa sobre as fachadas, incluirase un plano de alzado co estado actual e reformado. Xustificarase a integración dos materiais propostos na fachada existente.
  • De ser o caso
    • Certificación de conformidade coa legalidade urbanística e o planeamento aplicable
      Emitida por unha entidade de certificación de conformidade municipal debidamente acreditada e inscrita no Rexistro de Entidades de Certificación de Conformidade Municipal da Comunidade Autónoma de Galicia.

Observacións

En edificios catalogados todas as obras están suxeitas a licenza de obra previa.

A persoa interesada queda exenta de declarar ante o Catastro Inmobiliario os feitos, actos ou negocios con relevancia catastral derivados da presente comunicación previa, por terse acollido o Concello de Vigo ao réxime de comunicación do artigo 14.b) do Texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2004, do 5 de marzo.

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n

    Teléfono: 986 810 320

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información