Acta de Liña e Rasante
É o plano formalizado pola Administración municipal no que se sinala a aliñación oficial, o estado da urbanización, as obras de urbanización necesarias para converter a parcela en solar, no caso de parcelas en solo urbano consolidado, a superficie aproximada de cesión gratuíta ou de expropiación, se é o caso, e o importe aproximado dos gastos de urbanización afectos ao predio, se os houbese.
Temporalmente, deberán descargarse e cubrirse os formularios de forma manual. Deberá achegar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co xustificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no Rexistro Electrónico da Xerencia de Urbanismo de Vigo mediante o trámite de Solicitude Xeral.
Obrigatoria de conformidade co artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas : Persoas xurídicas, Entidades sen personalidade xurídica. Profesionais de colexiación obrigatoria, no exercicio de súa actividade profesional e quen represente a obrigados a relacionarse de forma electrónica
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Deberá entregar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co justificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.A Acta de aliñación e rasante deberá ser expedida nun prazo máximo de 2 meses, unha vez presentada no rexistro a solicitude coa documentación completa
- Excepcionalmente, e no prazo de dez días hábiles contados desde a presentación da solicitude, a Administración Municipal poderá solicitar levantamento topográfico da parcela cando existan discordancias entre a realidade e o planeamento e/ou a súa descrición rexistral. Este levantamento deberá estar apoiado alomenos en dous vértices próximos da Rede Topográfica e sempre en coordenadas UTM.
En tanto non se aporte o levantamento topográfico quedará interrompido o prazo de expedición da Acta.
- As Actas de Aliñacións e Rasantes terán vixencia indefinida. Como actos de información urbanística que son non terán efecto vinculante para a Administración municipal. Contra elas non cabe interpor recurso algún.
- Calquera alteración do planeamento dará lugar a que queden sen efecto as actas de aliñación practicadas con anterioridade á súa aprobación, podendo rehabilitarse no caso de que dita modificación non afectase ás aliñacións.
Praza do Rei s/n
Teléfono: 986 810 320
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).