Solicitude / Autoliquidación para Instalación de Sacos na Vía Pública

Ocupación de terreos de uso público local con sacos para recollida ou depósito de entullos, materiais de construcción ou residuos.

A quen está dirixido

Empresas autorizadas pola Xunta de Galicia como Xestores de Residuos.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago, presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Por correo

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago, envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Observacións

- A obra que xera o servizo deberá contar coas licenzas preceptivas.

- Os servizos técnicos deste Concello comprobarán e investigarán as declaracións formuladas polos interesados, concedéndose as licenzas de non atopar diferencias coas peticións e conforme ás normas vixentes no Concello en relación ao tráfico, limpeza, non obstaculizar calzada e beirarrúas, seguridade e outras. Se se desen diferencias coas declaracións, notificaranse aos interesados e xiraranse, no seu caso, as liquidacións complementarias con aplicación de intereses de demora e a sanción correspondente.

- En caso de denegarse as autorizacións, procederá a devolución dos importes ingresados.

- Non poderá disfrutarse dun aproveitamento da vía pública ata que fose ingresado o importe das taxas e fose outorgada a correspondente licencia.

- Entenderase autorizada a ocupación polo tempo que figure na licenza e no caso de aproveitamentos de duración indeterminada, mentres non se acorde a súa caducidade pola Alcaldía ou non se presente baixa polo interesado.

- Os titulares das licenzas poderán ser requeridos para depositar, no caso de que sexa necesario, fianza para responder dos posibles danos que poidan ocasionarse na vía pública, dos posibles gastos de reconstrucción ou reparación de vía pública, na contía que determine os departamentos de Urbanismo, Infraestructura e Obras e, Circulación Viaria, segundo corresponda.

Oficinas

  • Servizo Municipal de Limpeza Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Planta 2
    Teléfono: 010

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información