O certificado de ter pago o recibo da Taxa pola Recollida do Lixo é un documento que xustifica ter efectuado o pago do tributo a todolos efectos.
Aqueles obrigados ao pago que precisen por calquer motivo un xustificante de ter realizado o pago dun tributo municipal.
Pode imprimir directamente desde Internet o certificado de forma inmediata e gratuita.
Para emitir un certificado de pagamento de recibos dos impostos municipais na súa propia casa, ten que cubrir os campos baleiros: DNI, código tributario e tipo de imposto a pagar. O código tributario pode copialo do recibo. Pode tamén facelo dende a Carpeta do Cidadán sen necesidade de coñecer o código tributario.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Cumprimentando o impreso normativo que deberá ser presentado no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, previo pago da taxa pola expedición de documentos administrativos establecida na Ordenanza Fiscal nº 10 (art. 5.3).
Poderá recollelo o primeiro día hábil seguinte ao da presentación na xanela de recadación voluntaria.
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).