Mediante este trámite poderá acceder as dependencias do Concello para consultar os documentos, expedientes e planos dos arquivos e hemeroteca municipais.
Poderase facer fotocopias da documentación que se precise mediante o pago, salvo exención, da taxa prevista na Ordenanza Reguladora das Taxas polos Documentos Expedidos pola Administración.
Calquera persoa.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Presentarase no Rexistro Xeral do Concello a solicitude en impreso normativo. Posteriormente o Concello porase en contacto co solicitante para comunicarlle o día e hora no que poderá facer a consulta.
Estarán exentos da taxa de expedición de documentos e compulsa de outros que foran solicitados por investigadores, estudantes e organizacións non gobernamentais sen afán de lucro, así como os servicios prestados para prover os interesados de documentación necesaria para ter acceso a prestacións sociais. No caso de investigadores acreditarase o interese, investigación ou estudio a realizar.
Para poder disfrutar de exención de taxas de realización de copias de documentos e expedientes obrantes no arquivo xeral do Concello (apartado 5 do artigo 5 da Ordenanza) deberá solicitarse por escrito facendo constar os seguintes datos:
A) Estudantes:
- Nome, DNI e domicilio.
- Estudios que cursa ou realiza.
- Obxecto da investigación ou traballo.
- Profesor encargado ou director do traballo.
- Cálculo da taxa que resultaría no caso de denegarse a exención.
B) Investigadores e outros.
- Nome, DNI e domicilio.
- Profesión ou actividade.
- Titular da investigación ou responsable da mesma.
- Obxecto da investigación.
- Cálculo da taxa que resultaría no caso de denegarse a exención.
A citada solicitude será entregada directamente no Arquivo Xeral e a exención procederá de oficio agás que, por non terse acreditado suficientemente os datos anteriores ou o interese da investigación, proceda a denegación da exención de taxas previo informe do Xefe do Arquivo Xeral e Xefe de Área de Réxime Interior.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).