Trámite para quedar exento do pago da taxa por recollida de residuos sólidos urbanos no termo municipal de Vigo, o seu transporte aos centros de eliminación e posterior tratamento.
En xeral: Estarán exentos do pago da Taxa de Lixo das vivendas que constitúan a residencia habitual do solicitante, os membros de familias con ingresos brutos anuais, per cápita, inferiores a 4.500 €, e 6.780 € para o caso de familias numerosas. Ademais, a titularidade de Bens Inmobles de Natureza Urbana, fóra da vivenda na que residen, non poderá superar un valor catastral total de 52.054 €. O ingreso bruto anual per capita calcularase dividindo a totalidade dos ingresos brutos anuais de todas as persoas que convivan nunha vivenda entre o número total daquelas.
Familias Numerosas: Deberán acompañar o título de familia numerosa vixente a 1 de xaneiro do exercicio no que producirá efectos a exención.
Persoas maiores de 65 anos: Aplicarase aos seus ingresos brutos un coeficiente redutor do 0,50 (redución do 50%).
Persoas que vivan soas: Aplicarase aos seus ingresos brutos un coeficiente redutor do 0,55 (redución do 45%).
Persoas maiores de 65 anos que vivan sós: Aplicarase aos seus ingresos brutos un coeficiente redutor do 0,35 (redución do 65%).
Vítimas de violencia de xénero con sentenza firme: Aplicarase aos seus ingresos brutos un coeficiente redutor do 0,35 (redución do 65%) nun período de 5 anos a contar desde a data da sentenza firme.
Familias Monoparentais: Obrigado ter concedido o certificado de monoparentalidade expedido pola Xunta de Galicia. Aplicarase aos seus ingresos brutos un coeficiente redutor do 0,55 (redución do 45%) se só percibe ingresos o proxenitor/a custodio/a e os fillos son menores de 18 anos.
Desempregados de longa duración: Aplicarase aos seus ingresos brutos un coeficiente redutor do 0,35% (redución do 65%), ás persoas con cargas familiares que leven en situación de desemprego máis de 22 meses ininterrompidos, a contar dende o 1 de xaneiro do ano anterior o da solicitude.
Dependentes con resolución de dependencia: Aplicarase aos seus ingresos brutos un coeficiente redutor do 0,50 (redución do 50%), con independencia do seu grado.
Dependentes maiores de 65 anos: Aplicarase un coeficiente redutor do 0,35 (redución do 65% dos seus ingresos brutos).
Dependentes maiores de 65 anos que vivan sós: Aplicarase un coeficiente redutor do 0,30 (redución do 70% dos seus ingresos brutos).
Persoas con discapacidade:
Grao igual ou superior ao 65%: computará como 2 persoas no cálculo da renda percápita.
Grao igual ou superior ao 33 e inferior ao 65%: computará como 1,5 persoas no cálculo da renda percápita.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
As solicitudes de exención deberán ser presentadas xunto coa documentación requerida, na oficina de Lixo Vivendas do Concello de Vigo, na Praza do Rei, entre o 1 de outubro e o 31 de decembro de cada ano e, no caso de resultaren estimadas, producirán efectos para o exercicio seguinte a aquel no que foran presentadas.
As persoas maiores de 65 anos que vivan soas presentarán a solicitude unha única vez e, sempre e cando as circunstancias iniciais de exención non varíen, a Administración Tributaria actuará de oficio nos seguintes exercicios. No caso contrario, deberán comunicalo xa que, de non facelo a exención quedará sen efecto.
De presentarse algunha solicitude de exención entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro, será revisada e tramitada entre o 1 de outubro e o 31 de decembro, e producirá efectos para o exercicio seguinte a aquel no que fora presentada, sempre e cando os datos coincidan cos existentes co Padrón Municipal de Habitantes.
De producirse cambios de domicilio do conxunto familiar, ou cambios nas persoas que conviven na vivienda obxecto da exención, estes deberán ser comunicados no prazo máximo de 5 días hábiles. De non ser comunicados ditos cambios, arquivarase a solicitude sen máis trámite.
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).