Solicitude da Sala de Exposicións para a Mocidade

As salas de exposicións da Casa da Xuventude e do Punto Xove son espazos ideados para que o colectivo xove desenvolva as súas inquietudes artísticas e culturais de calquera modalidade: pintura, fotografía, escultura, proxeccións audiovisuais ... dando promoción aos novos valores artísticos.

A quen está dirixido

Para calquera persoa ou colectivo interesado con idades comprendidas entre os 15 e os 35 anos. Preferentemente do Municipio de Vigo.

Como facelo

Por Internet

Cubrirase o formulario anexo e remitirase a dirección de correo electrónico onde se pretenda realizar a exposición, á atención de Sala de Exposicións.

Considerarase a solicitude e pedirase máis información para logo, persoalmente, concretar datas e demáis detalles coa/s persoas interesadas.

Presencialmente

Tamén pode facer a solicitude presencialmente nas direccións dos locais abaixo indicadas.

Por teléfono

Enviando o formulario ao fax correspondente.

Por correo

Enviando o formulario onde se pretenda realizar a exposición.

Prazos

Darese unha resposta nun máximo de 48 horas dende a recepción da solicitude.

Documentación requirida

Observacións

Ambos espazos asumen a publicidade das exposicións e a súa difusión nos diferentes medios de comunicación.

Non se exise currículum artístico aínda que se valorará.

Non se pode vender obra.

En calquera caso, o transporte e a montaxe da exposición deberá ser asumida pola persoa interesada ou colectivo.

Máis información na seguinte páxina da Concellaría de Xuventude.

Oficinas

  • Casa da Xuventude López Mora 31
    36211 Vigo
    Correo electrónico: xuventude@vigo.org
    Teléfono: 986 294 806
    Fax: 986 294 934

    Horario: De 9 a 14 horas.

Normativa Municipal

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información