Contratación Servizo de Augas. Cambio de Titularidade

Cambio do titular do contrato de servizo de auga a que se refira.

O Pleno do Excelentísimo Concello de Vigo, reunido en sesión extrórdinaria o día 25 de outubro de 1990, adxudicou a Seragua FCC Vigo UTE a concesión para a explotación do Servizo Municipal de Augas de Vigo por un período de vinte e cinco anos. A finais de 2002, Seragua pasou a denominarse Aqualia.

A quen está dirixido

O cliente entrante.

Como facelo

Presencialmente

Pagando as taxas correspondentes de formalización e achegando a documentación necesaria ás oficinas de Aqualia.

Documentación requirida

  • Tipo de Cliente Doméstico
    • Non é necesaria ningunha documentación
  • Tipo de Cliente Industrial
    • Licenza municipal de apertura
      Cambio de titular da licenza ou solicitude da mesma.

Observacións

Pagos que debe realizar:

- Dereitos de alta: 16,07 €

- Fianza: en función do calibre do contador e do uso ó que se destina (ver "Altas").

- Recibo de Liquidación (consumo dende a última lectura ata o día da baixa).

- Débeda por recibos anteriores, no caso de existir.

O pago realizarase se non está domiciliado, en efectivo nas oficinas de Aqualia e se está domiciliado transfírese á súa conta bancaria.

Máis información

Atención o cliente: 900 813 357

Direccións:

Oficina Principal

C/ Cantabria s/n

36206 VIGO

Horario: 8:30 - 13:30 de luns a venres

Oficina no Centro

C/ Venezuela nº 4

36203 VIGO

Horario: 8:30 - 13:30 de luns a venres

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información