Autoliquidación do Imposto sobre Incremento do Valor de Terreos de Natureza Urbana (Plusvalía)

Liquidación do Imposto que grava o Incremento de Valor que experimentan os Terreos de Natureza Urbana e que se pon de manifesto coa transmisión da súa propiedade por calquera título (compra-venda, permuta, apartación, donación, herdanza...).

A quen está dirixido

Nas transmisións a título lucrativo a persoa física ou xurídica que adquira o terreo, mentres que nas transmisións a título oneroso será quen o transmita.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón "Tramitar por internet" e siga os pasos que se lle indican.




Presencialmente

Deberá ir a Oficina de Plus-valía do Concello, xunto coa documentación necesaria (ver documentación requerida) para cumprimentar o formulario de autoliquidación de forma asistida polo persoal da mesma.

Unha vez cumprimentado e calculado o importe a pagar, ingresará a autoliquidación na entidade bancaria colaboradora.

Poderá solicitar cita previa no seguinte enlace: Solicitude de cita previa

Por correo

Por correo electrónico (Só para persoas físicas): Remitirán a documentación necesaria á Oficina de Plus-valía do Concello ofi.plusvalias@vigo.org indicando o enderezo ou correo electrónico onde desexe que lle envíen a documentación necesaria para realizar o pagamento. Remitiráselle o impreso de autoliquidación co cálculo do importe a pagar.

Posteriormente deberá presentar o impreso de autoliquidación nas entidades bancarias colaboradoras ou a través de www.vigo.org/pagos para facer efectivo o pago.

Recórdase que os Obrigados a Relacionarse Electrónicamente deberán empregar o Rexistro Electrónico (enlace no apartado “Por Internet”)

Sancións

Será de aplicación a Ordenanza Fiscal Xeneral do Concello, Lei Xeral Tributaria e restante normativa de aplicación.

Documentación requirida

  • Se actúa en representación doutra persoa (natural ou xurídica)
  • Para os casos de presentación por correo electrónico ou correo ordinario
  • Nos casos de transmisións intervivos (é dicir para os casos de compra-vendas, permutas, apartacións, doazóns ou calquera outra transmisión de dominio feita pública ante notario)
    • Escritura da transmisión do dominio
      (fotocopia) - No caso de non constar na citada escritura a referencia catastral, aportarase certificación descritiva e gráfica do ben inmoble. - Títulos de propiedade dos bens obxecto da transmisión en caso de non figurar reflectidos na escritura.
  • Nos casos de transmisións mortis causa
    • Modelo D-650
      (fotocopia) (Imposto de sucesións) presentado na Xunta de Galicia. Pode consultar o borrador deste modelo nesta páxina.
    • Título/s de Propiedade
      (fotocopia) (escrituras de compra, cupos...) ou escritura de adxudicación de herdanza.

Observacións

Gozarán dunha bonificación do 50% na cota íntegra cando o feito impoñible consista na transmisión de dominio mortis causa en relación á vivenda habitual do causante a favor do seu cónxuxe, descendentes e ascendentes.

Para poder gozar desta bonificación será preciso solicitala expresamente no prazo de declaración do imposto e que o sucesor/a manteña a adquisición durante os catro anos seguintes á devindicación deste imposto.

Oficinas

  • Oficina de Plusvalía Concello de Vigo Administración de Tributos - Departamento de Plusvalía Planta Baixa Praza do Rei 1 36202 Vigo Teléfono: 986 810 264 / 986 810 100 Extensión 1763 Email: ofi.plusvalias@vigo.org

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información