Ofrece asesoramento, información e orientación xurídica a mulleres de forma gratuíta, referido a consultas penais e de dereito de familia.
Información sobre:
-Procedementos de separación e divorcio, réxime de custodia, faltas de pagamento de pensións, incumprimento de visitas, posibilidade de modificación das sentenzas de divorcio, liquidacións, etc.
- Situacións conflitivas que poden sufrir (ou realizar) as fillas e fillos.
- Información sobre o dereito a xustiza gratuíta
- Cuestións relacionadas coa violencia de calquera índole (agresións sexuais, acoso sexual, agresións…)
- Asesoramento sobre los dereitos desde antes de interpoñer unha denuncia por violencia de xénero ata a resolución xudicial; como solicitar una orden de protección.
- Outras cuestións como herdanzas, alugueiros, conflitos veciñais, conflitos con terceiras persoas, débedas, etc.
A atención pode ser presencial, telefónica e online (videochamada e correo electrónico: osnososdereitos.muller@vigo.org).
A mulleres que acudan ao Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller, ou que pidan consulta telefónica.
Pode solicitar a cita previa (deste modo o asesoramento pode facerse máis tranquilo e pormenorizado) a través do correo electrónico info.muller@vigo.org, ainda que tamén atendense as urxencias de modo directo.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Persoalmente, previa cita se é posible (deste modo o asesoramento pode facerse máis tranquilo e pormenorizado), ainda que tamén se atenden as urxencias de modo directo.
Dirección: C/Romil, nº 20
Asimesmo, se respostarán consultas telefónicamente cando sexa oportuno.
Teléfono: 986 293 963
Preguntas frecuentes:
¿Podo irme do meu domicilio? ¿é delito? ¿que teño que facer para non perder dereitos?
¿Que é a custodia dos fillos? ¿quen a outorga? ¿poderían quitarma?
¿Que son malos tratos físicos? ¿Cal é o significado xurídico dos malos tratos psicolóxicos? ¿podo denuncialos?
¿Podo/debo denunciar as ameazas que sufro, se non teño probas?
¿Que é a orde de protección? ¿a quen se lle outorga?
¿Como é o procedemento por malos tratos?
¿Como é o procedemento de divorcio?
¿Poden quitarme a custodia por non ter ingresos propios?
¿Como se regulan as visitas paterno-filiais? ¿podo pedir algún tipo de control?
¿e se non me paga as pensións, que fago?
¿Que son as pensións alimenticias e compensatorias, e cando se dan?
¿É isto abuso sexual?
¿Teño dereito a avogado/a de oficio?
¿Que medidas para protexerme teño?
¿As débedas do meu home son miñas tamén?
¿Podo cambiar a pechadura de casa?
¿Se traballo, perdo as pensións do meu ex marido? ¿en que casos sucede?
¿Teño dereito a pensión de viuvez do meu ex marido?
¿Onde debo dirixirme para...?
R/ Romil 20 36203 Vigo
Teléfono: 986 293 963 Fax: 986 201 153
Email: info.muller@vigo.org
Consulta xurídica on-line: osnososdereitos.muller@vigo.org
Horario: Luns a venres de 8.30 a 14.30
Xoves de 8.30 a 14.00 e de 15:00 a 18:00
Desde o 15 de xuño ao 15 de setembro:
Luns a venres de 8.30 a 13.30
Xoves de 8.30 a 13.30 e de 15.00 a 17.00
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).