Este servizo adícase, exclusivamente, ao coidado da prole das mulleres, con escasos recursos económicos e falta de apoios socio-familiares. Denomínase servizo ós desprazamentos que a coidadora realiza ao domicilio da beneficiaria ou lugar indicado para o coidado dos menores.
Mulleres, con escasos recursos económicos, que pola súa incorporación ao mercado laboral, por ampliación de formación, pola súa participación en actividades socioculturais e deportivas ou noutro plano, en situacións de emerxencia como os casos que tendo algún familiar hospitalizado, a nai e o pai non poden coidar naquelas horas, as súas fillas e fillos.
Mediante cita previa a través do correo electrónico info.muller@vigo.org coa traballadora social do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller (CMIDM). A solicitude farase cunha antelación mínima de 3 días aínda que se atenderán casos de imprevistos.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Mediante cita previa coa traballadora social do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller (CMIDM). A solicitude farase cunha antelación mínima de 3 días aínda que se atenderán casos de imprevistos.
- Establécese como máximo 4 horas diarias de prestación do servizo por cada usuaria ou colectivo beneficiario, nun horario comprendido entre as 7 e as 23 horas .
- O servizo farase desde a hora concedida ata que a usuaria ou persoa adulta en quen delegue regrese, hora que será previamente estipulada , aínda que en ningún caso se deixarán ás nenas e nenos sós nin ao coidado de menores de idade.
- No caso de coidado colectivo, este realizarase nunha sala que reúna as condicións de seguridade e hixiene previstas na lexislación vixente.
- Os/as nenos/as beneficiarios do servizo serán os que teñan unha idade inferior aos 12 anos.
Criterios para servizos individuais:
O límite de ingresos da unidade familiar para ter dereito ao servizo estípulase en función do IPREM fixado nos Presupostos Xerais do Estado para cada ano.
Límite de ingresos para ter dereito ao servizo:
Unidade familiar cun fillo/a: valor mensual do IPREM+50%
Por cada novo fillo/a incrementarase á contía anterior un 20% do IPREM.
No caso de que un ou unha das menores ao seu cargo teña recoñecido o grao de dependencia a porcentaxe do valor do IPREM a ter en conta incrementarase nun 20%.
R/ Romil 20 36203 Vigo
Teléfono: 986 293 963 Fax: 986 201 153
Email: info.muller@vigo.org
Consulta xurídica on-line: osnososdereitos.muller@vigo.org
Horario: Luns a venres de 8.30 a 14.30
Xoves de 8.30 a 14.00 e de 15:00 a 18:00
Desde o 15 de xuño ao 15 de setembro:
Luns a venres de 8.30 a 13.30
Xoves de 8.30 a 13.30 e de 15.00 a 17.00
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).