Solicitude para Declaración de Ruína

Trámite para solicitar a declaración de ruína dunha edificación.

A quen está dirixido

Como facelo

Por Internet

Premendo no botón "Tramitar por Internet" pode realizar o pago da autoliquidación online e enviar a documentación requirida de forma telemática. Desta maneira a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.




Presencialmente

Debe presentar na oficina de Rexistro da Xerencia de Urbanismo o impreso de solicitude xunto con toda a documentación requerida.

Documentación requirida

    • Reportaxe fotográfica do edificio
      subscrita polo solicitante e polo técnico redactor do informe.
    • Informe do facultativo competente
      no que se xustifique a causa de instar a declaración de ruína, o estado físico do inmoble, incluíndo planos acoutados das plantas e seccións da edificación, así como presuposto das obras de reparación.
    • Solicitante: Fotocopia do DNI no caso de persoas físicas. No caso de persoas xurídicas a persoa que asina a petición achegará documentación acreditativa da súa representación como unha fotocopia pública da escritura de constitución da sociedade, poder,etc
    • Relación de copropietarios, inquilinos, moradores ou ocupantes
      coas súas respectivas direccións e demais titulares de dereito reais.
    • Plano a escala 1:2000 da cartografía oficial
      con indicación do edificio.
    • Impreso de solicitude xeral da Xerencia de Urbanismo 2 copias
    • Formulario para cubrir coa documentación que se achega para declaración de ruína
    • Fotocopia do título de propiedade do inmoble
    • Teléfono de contacto
      para realizar visita de comprobación.
    • Impreso de autoliquidación da taxa correspondente
    • Xustificante do pagamento de taxas

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n

    Teléfono: 986 810 320

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información