Son espazos lúdico-educativos que empregan o xogo e o xoguete para procurar o desenvolvemento integral das nenas e dos nenos.
Nestes espazos ofértanse unha grande variedade de xoguetes e materiais lúdicos, axeitados ás idades e características dos e das rapaces e rapazas. Un proxecto socio-educativo que é a base do noso traballo e un equipo de profesionais do ámbito social, educativo e do lecer.
Servizos que se ofertan:
- Salas para gozar da túa música.
- Libros, cómics e contos.
- Xogos e obradoiros sobre o medio natural ou empregando material de refugallo.
- Xogos de mesa.
- Xogos simbólicos e dramáticos.
- Obradoiros.
- Cine infantil.
- Xogos de construción, quebracabezas, maquetas.
- Xogos de exterior, xogos con material alternativo, xogos cooperativos, xogos predeportivos e deportivos.
Outros servizos:
- Colaboración con diferentes entidades e asociacións.
- Asesoramento ás nais e pais.
- Préstamo de xoguetes e libros.
- Saídas e excursións.
A nenos e nenas de 4 a 12 anos de idade.
Servizos permanentes durante todo o ano.
O servizo dos Espazos de Lecer Infantís é gratuitos.
Espazo de lecer da Casa da Xuventude
Enderezo: Rúa López Mora 31.
Teléfono: 624 690 208
Espazo de lecer do Pavillón de Coia
Enderezo: Pavillón deportivo. Avenida de Castelao s/n.
Teléfono: 624 690 213.
Correo electrónico: xuventude@vigo.org
Horario en periodo escolar: De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
Horario en vacacións escolares: de 7:45 a 15:15 horas.
* En xullo funciona como campamento formando parte do programa Verán Xove.
** O mes de agosto permanecerá pechada.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).