Solicitude de Certificación Urbanística

Poderanse formular consultas por escrito relativas á situación urbanística dunha determinada parcela, soar, inmoble ou local, así como dos actos ou usos do solo o subsolo permitidos e do procedemento de tramitación aplicable para a actuación de que se trate.

A consulta será contestada nun prazo máximo de dous meses, unha vez presentada no rexistro a solicitude.

No caso da certificación urbanística, o informe técnico é certificado pola/o secretaria/o da Xerencia Municipal de Urbanismo.

A quen está dirixido

Como facelo

Por Internet

Para poder rexistrar documentos no Rexistro da Xerencia de Urbanismo a través de Internet coa mesma validez que se o fixese presencialmente hai que estar rexistrado previamente na Carpeta do Cidadán .

Na Carpeta do Cidadán na sección de Expedientes e Documentos atopará o formulario de rexistro en liña onde poderá adxuntar documentos de texto, imaxe ou planos xunto coa solicitude.

No caso de querer achegar documentación asinada, debe ter en conta que, para a presentación telemática, só terá validez a documentación asinada electrónicamente e non a documentación escaneada asinada a man.




Presencialmente

Debe presentar na oficina de Rexistro da Xerencia de Urbanismo o impreso de solicitude xunto con toda a documentación requerida.

Documentación requirida

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n

    Teléfono: 986 810 320

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información