Solicitude / Modificación Tarxeta PassVigo Universitario

Con esta tarxeta pode beneficiarse dunha tarifa reducida posto que está subvencionada polo Concello e a Universidade de Vigo e ademáis desfrutar de outros servizos propios do transporte (por exemplo: transbordo entre liñas).

A quen está dirixido

As persoas matriculadas, durante o presente curso, nunha Facultade ou Escola pertencente ao Campus Universitario de Vigo.

Como facelo

Por Internet

Tamén pode solicitar a alta de tarxeta ou renovación via online.




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Presentando a solicitude e documentación requerida, de luns a venres (non festivos) de 8 a 14 horas no Concello de Vigo (Oficina de Tarxetas de Transporte Público).

Para ser atendido presencialmente:

- Cita previa: de 08 a 11:30 horas ( atención preferente Cita previa )

- Atención con cita presencial de 11:30 a 15 horas ata cubrir turnos.

Prazos

Renovación anual.

Documentación requirida

    • Copia DNI / NIF / NIE (2 caras) ou Pasaporte español ou Documento estranxeiro
    • 1 Fotografía tamaño carné
    • Certificado de matriculación durante o presente curso en Facultade ou Escola pertencente ao Campus Universitario de Vigo
  • No caso de facer a solicitude presencialmente ou por correo:
    • Impreso de solicitude tarxeta PassVigo

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información