
Análise de parámetros químicos e microbiolóxicos dunha mostra de auga, que mana dunha billa, para determinar se os resultados analíticos obtidos cumpren cos valores paramétricos lexislados para un auga de consumo público.
Por falta de persoal no Laboratorio en período de vacacións, xullo e agosto, non se realizarán analíticas a particulares.
A calquera persoa que, a título particular, desexe analizar unha mostra de auga, abonando previamente as taxas correspondentes.
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago presente o impreso correspondente ao Concello, nas dependencias do Laboratorio Municipal coa mostra de auga para analizar.
Tamén pode facer a solicitude levando a mostra de auga directamente nas dependencias do Laboratorio Municipal , onde deberá abonar a taxa correspondente.
A análise só da fe da mostra facilitada polo cliente, polo que o laboratorio non se responsabiliza da toma de mostra.
Se o laboratorio tivera que realizar a toma de mostras, o cliente deberá abonar as taxas correspondentes ao desprazamento do persoal do laboratorio.
O tipo de análise a realizar determinarase, xunto co cliente, no momento da entrega da mostra no laboratorio municipal en función da orixe da auga ( pozo, auga tratada, manancial...) e de calquera outra información aportada polo cliente.
Horario: De 9:00 a 13:00 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).