Pagamento por Retirada de Instalacións e Xéneros Relativos ao Exercicio de calquera Actividade na Vía Pública sen Licenza e Outros

Deberá facer o pagamento desta taxa pola prestación da Administración Municipal dos seguintes servizos:

a. Retirada, transporte e custodia de instalacións, elementos e xéneros relativos ao exercicio de calquera actividade ou comercio na vía pública, ou en dominio público municipal, sen licencia en concordancia co disposto no artigo 27 da “Ordenanza reguladora da venda na vía pública e espacios abertos”.

b. Retirada, transporte e custodia de elementos ou obxectos colocados na vía pública sen a correspondente autorización municipal.

c. Servizos similares aos anteriores ordenados por resolución do Alcalde, Comisión de Goberno ou Pleno por causa de forza maior, orde pública, ruína, seguridade de persoas e bens e outros.

A quen está dirixido

Aos vendedores e/ou responsables por calquera título dos elementos, instalacións e xéneros obxecto da retirada e custodia. En materia de responsabilidades aplicaranse os artigos 12 a 16 da Ordenanza Fiscal Xeral.

Como facelo

Presencialmente

A obriga de contribuír por esta taxa nace no momento en que os funcionarios municipais se fagan cargo das instalacións, elementos e xéneros para o seu transporte a un depósito municipal e posterior custodia. O ingreso das taxas reguladas nesta Ordenanza realizarase polo procedemento de autoliquidación en impreso regulamentario que facilitarán as oficinas da Policía Local e Xestión Tributaria, sendo indispensable o pagamento para a retirada dos elementos custodiados.

Para o cálculo da cota a pagar consulte o artigo 5 da Ordenanza Nº 17: Ordenanza Fiscal Reguladora das Taxas pola prestación dos servizos de Retirada, Transporte e Custodia de Instalacións, Elementos e Xéneros relativos ao exercicio de calquera actividade ou comercio na vía pública sen licenza municipal e outros prestados por causas excepcionais.

Os funcionarios responsables da Policía Local verificarán, antes da entrega dos bens custodiados a corrección da autoliquidación practicada, en particular, o número de días de duración da custodia sen contar sábados, domingos nin festivos.

Documentación requirida

    • Autoliquidación das taxas polos servizos de retirada, transporte e custodia de instalacións e xéneros relativos ao exercicio de actividade ou comercio e outros

Oficinas

  • Oficina Policía Local Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Planta Baixa
    36202 Vigo
    Teléfono: 986 810 286

    Horario: De 7:30 a 13:30 horas.

  • Oficina de Xestión Tributaria Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Planta Baixa
    Teléfono: 986 810 269
    36202 Vigo

    Horario: De 9 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información