Fraccionamento do Imposto de Construcións, Instalacións e Obras (ICIO): Autoliquidación

Solicitude para fraccionar o pago do imposto que grava a realización en todo o termo municipal de calquera construción, obra ou instalación para a que se esixa licenza urbanística.

Poderá ingresar as cotas provisionais nos seguintes períodos:

- 50% da liquidación provisional no prazo dun mes dende a notificación da licenza.

- O resto no prazo de 7 meses dende a notificación daquela.

Esta autoliquidación ten carácter provisional debendo o/a contribuinte, ao rematar as obras, presentar certificación do custo real das mesmas co fin de esixir ou reintegrar, no seu caso, a cantidade que corresponda da liquidación definitiva.

A quen está dirixido

As persoas físicas ou xurídicas e as Entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que sexan donos das construcións, instalacións ou obras, sexan ou non propietarios dos inmobles sobre os que se realicen aquelas.

A estes efectos, terá a consideración de dono da construción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou custos que supoña a súa realización.

No suposto de que a construción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte, terán a consideración de suxeitos pasivos substitutos do mesmo os que soliciten as correspondentes licenzas ou realicen as construcións, instalacións ou obras.

O substituto poderá esixir do contribuínte o importe da obriga tributaria satisfeita.

Como facelo

Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Cumprimentar o impreso normativo con todos os datos, pagalo en calquera das entidades colaboradoras na Recadación Municipal e presentalo no Rexistro Xeral do Concello.

Prazos

1º pagamento: 1 mes dende a notificación da licenza de obra.

2º pagamento: dentro dos 7 meses dende notificación da licenza de obra.

Documentación requirida

    • Autoliquidación 1º Fraccionamento do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras
    • Autoliquidación 2º Fraccionamento do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras

Observacións

Gozarán dunha bonificación na cota do Imposto as construcións, instalacións e obras que sexan declaradas “especial interese ou utilidade municipal”:

- Cunha bonificación do 95% as realizadas:

1. Sobre edificacións existentes por iren destinadas ou implicar a eliminación de barreiras arquitectónicas.

2. Pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en ou para establecementos educativos que figuren ou vaian a figurar no inventario de Bens do Concello.

3. Por iren destinadas ao desenvolvemento das actividades que tributan no Imposto de Actividades Económicas nos epígrafes 416.1 e 416.2: Fábrica de Conservas de Pescado e outros produtos mariños, 612.8: Comercio Maior de Pescados, Crustáceos, Moluscos e outros e 643.1: Comercio Menor de Pescado e outros Produtos da Pesca.

- Cunha bonificación do 75% as realizadas:

1. Por estaren incluidas nos “Plans Especiais de reforma interior de Bouzas e Casco Vello, así como nos edificios catalogados do PEEC”, ou nos instrumentos de planeamento que os substitúan no futuro.

Gozarán dunha bonificación do 50% na cota do Imposto as obras, construcións e instalacións:

1. Para a posta en funcionamento dun proxecto empresarial de interese municipal (PEIM). Entenderase de especial interese por concorrer a circunstancia de fomento de emprego.

2. As vivendas de protección oficial.

E cunha bonificación do 30% as consistentes na instalación de sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar para autoconsumo. Non obstante para o caso de construción de uso residencial, a porcentaxe de bonificación ascenderá ao 95%. Non se concederá esta bonificación cando a implantación destes sistemas sexa obrigatoria a tenor da normativa específica na materia.

Oficinas

  • Administración de Tributos: Taxas Vía Pública Concello de Vigo Praza do Rei 1 - Planta Baixa 36202 Vigo Teléfono: 986 810 100 ext. 1169

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información