Exención do Imposto sobre Incremento do Valor de Terreos de Natureza Urbana (Plusvalía)

Estarán exentos deste imposto os incrementos de valor que se manifesten como consecuencia das transmisións de bens que se atopen dentro do perímetro delimitado como Conxunto Histórico Artístico, ou teñan sido declarados individualmente de interese cultural, segundo o establecido na Lei 16/1985 de 25 de xuño do Patrimonio Histórico Español cando os seus propietarios ou titulares de dereitos reais acrediten que teñen realizado ao seu cargo obras de conservación, mellora ou rehabilitación de ditos inmobles nos cinco anos inmediatamente anteriores ao devengo do imposto.

A quen está dirixido

As transmisión de bens que se atopen dentro do perímetro delimitado como Conxunto Histórico Artístico, ou teñan sido declarados individualmente de interese cultural.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Presentando a solicitude e a documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello.

Documentación requirida

Observacións

Para poder gozar desta exención, os suxeitos pasivos deberán solicitala de forma expresa no prazo de declaración do imposto, acreditando, mediante facturas ou certificacións de obra, un desembolso efectivo que iguale ou supere ao valor catastral asignado ao inmoble no momento do devengo do imposto.

Oficinas

  • Oficina de Plusvalía Concello de Vigo Administración de Tributos - Departamento de Plusvalía Planta Baixa Praza do Rei 1 36202 Vigo Teléfono: 986 810 264 / 986 810 100 Extensión 1763 Email: ofi.plusvalias@vigo.org

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información