Os residentes do Casco Vello Alto para poder circular con seus vehículos polas rúas Cruz Verde, Ferrería, San Sebastián, Subida ao Castelo, Herba, Praza de Arguelles e a rúa de Santiago, deberán obter autorización municipal (distintivo e máis tarxeta magnética intelixente), previa solicitude do interesado nas oficinas administrativas da Policía Local, achegando a documentación que se indica nos apartados seguintes.
A autorización de acceso da dereito a entrar e circular na zona afectada polo sistema de control e tamén a estacionar o vehículo por tempo non superior a cinco minutos.
Persoas empadroadas no Casco Vello de Vigo e que se atopen ao corrente de todo tipo de obrigas tributarias.
O residente con vehículo en réxime de arrendamento financeiro, para obter autorización municipal, non pode dispoñer de vehículo en propiedade.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Debe cubrir e imprimir o impreso de solicitude e presentalo, xunto coa documentación requirida, no Rexistro Xeral do Concello.
Debe cubrir e imprimir o impreso de solicitude e envialo, xunto coa documentación requirida ao Rexistro Xeral do Concello..
Os titulares de autorizacións están obrigados a comunicar ao Concello de Vigo, no prazo máximo de quince días hábiles, calquera modificación respecto á titularidade do vehículo, residencia do propietario e demais datos e circunstancias tidas en conta na concesión da autorización. De non se comunicar as modificacións operadas, o Concelleiro Delegado poderá denegar a súa renovación por un período máximo de tres anos.
Se se produce un cambio de vehículo deberá realizar novamente a solicitude coa documentación pertinente.
Datos a comprobar pola administración:
1. O vehículo deberá de estar dado de alta no padrón do imposto municipal de vehículos e ao corrente dos seus pagamentos.
2. O interesado deberá estar empadroado na zona na que solicita o acceso
Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).