O salón de actos é un equipamento de servizo público, adscrito á Concellería de Cultura e Festas e xestionado polo Servizo de Cultura e Bibliotecas. Está destinado a promover o desenvolvemento integral da persoa, fomentar a convivencia e incrementar a participación da cidadanía na vida pública do concello, mediante a prestación de servizos públicos e o desenvolvemento de actividades.
En función da súa dispoñibilidade, o uso do salón de actos pode ser cedido para o desenvolvemento de actividades e servizos de carácter puntual e temporal de interese para a cidadanía.
Persoas físicas ou xurídicas para a organización de actividades coincidentes cos obxectivos xerais do centro.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Realizaranse a través do Rexistro Xeral do Concello, en impreso normalizado, cunha antelación mínima de 15 días naturais respecto do inicio da actividade que se pretende organizar.O concello contestaralle ao solicitante nun prazo máximo de 10 días.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).