Convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, cuxa finalidade é promover o deporte feminino a través do apoio económico ás entidades deportivas da cidade de Vigo que fomenten a participación e promoción das nenas e mulleres nas distintas disciplinas deportivas (equipos e/ou individuais), contribuíndo ao financiamento dos gastos ocasionados polo seu funcionamento e a súa actividade deportiva na tempada 2021/2022, ou do ano 2022 no caso das modalidades cuxa tempada sexa anual.
Clubs deportivos, asociacións e agrupacións deportivas e entidades deportivas con personalidade xurídica propia que teñan a súa sede social ou delegación no termo municipal de Vigo, carezan de ánimo de lucro, conten cun mínimo de 10 licenzas femininas na tempada 2021/2022 ou do ano 2022 no caso das modalidades cuxa tempada deportiva sexa anual ou, ao menos, 1 licenza feminina de deporte adaptado e cumpran os demais requisitos que establecen as bases e convocatoria.
Gastos subvencionables e importe máximo da axuda:
Serán gastos subvencionables os que de xeito indubidable correspondan ao funcionamento da entidade solicitante e sexan ocasionados pola actividade propia de esta, así como os motivados pola participación ou organización de actividades deportivas dos equipos con licenzas femininas.
O importe total máximo destinado a estas subvencións distribuirase entre todas as entidades que reúnan os requisitos esixidos. Establécese unha contía máxima de 1.500 € e unha contía mínima de 200 €, quedando excluídas as entidades que, trala baremación das solicitudes, non consigan unha axuda por importe igual ou superior a 200€.
Servizo de igualdade
Casa do Concello. 1º andar. Praza do Rei número 2, 36202 Vigo
Teléfono: 986 810 284
Correo electrónico: ofi.muller@vigo.org
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).