O Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social (CIIES) do Concello de Vigo configurase como un centro de atención integral para persoas sen fogar, en situación de exclusión social e/ou emerxencia social que persigue realizar unha intervención social de calidade que permita ás persoas mellorar a súa calidade de vida, procurar contextos que faciliten a inserción socio-laboral e atender situacións puntuais de emerxencia social.
- Servizos e recursos que ofrece
Obxectivos:
- Atender as necesidades básicas (aloxamento, alimentación, asistencia e atención especializada) das persoas afectadas por situacións valoradas de exclusión social ou en risco de exclusión.
- Proporcionar atención puntual en situacións de emerxencia sobrevida.
- Ofrecer solucións de carácter integral que permitan ás persoas usuarias desenvolver verdadeiros procesos de inclusión de carácter permanente a fin de acadar maiores niveis de integración e normalización social en cada caso ou un maior control do deterioro noutros casos.
- Abordar desde a perspectiva da integración ou inclusión social a situación das persoas que non poden conservar ou acceder a un aloxamento axeitado e permanente que proporcione un marco estable de convivencia, xa sexa por razóns económicas ou outras barreiras sociais, ou ben porque presentan dificultades persoais para levar unha vida autónoma.
Con carácter xeral, persoas maiores de idade e menores de 65 anos que acrediten a súa identidade, carezan de aloxamento e de recursos económicos suficientes e sexan válidas para o desenvolvemento das tarefas da vida diaria (AVD). Excepcionalmente, coa autorización previa da Dirección Municipal, poderán acceder ao servizo persoas que non cumpran os requisitos de idade e autonomía.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Presentando o impreso de solicitude e demais documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello
Ou ben solicitando cita previa na zona de atención social (UTS) que lle corresponda por domicilio e presentando a solicitude e documentación requirida.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).