Solicitude de autorización celebración de eventos deportivos en vía pública
A ocupación temporal do sistema viario público para a celebración dun evento deportivo está suxeito ao control e autorización previa do Concello de Vigo, de acordo coas competencias que esta Administración local ostenta no tocante ás funcións de tutela e actos de ocupación dos sistemas viarios e espazos de uso público da súa titularidade, así como en materia de seguridade cidadá, ordenación do tráfico de vehículos e de persoas en vías urbanas e en materia de espectáculos públicos.
A quen está dirixido
A calquera persoa xurídica.
Como facelo
Por Internet
Pulse no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Este trámite só admitirá solicitudes feitas vía internet, polo que no seguinte paso "Documentación requirida" deberá seguir a opción "Entregar documentación por Internet".
Memoria do evento deportivo
(Asinado dixitalmente). Nome, nº cronolóxico da edición, regulamento, relación detallada das vías afectadas, croquis do percorrido, data de celebración, itinerario, perfil, horario de inicio e finalización da proba, identificación dos responsables da organización, director executivo, responsable de seguridade viaria, número aproximado de participantes previstos. Se é o caso, indicación expresa de que non existen instalacións portátiles ou desmontables.
Permiso de organización expedido pola federación deportiva correspondente
cando así o esixa a lexislación deportiva
CIF da entidade solicitante
Acreditación da representación
Documentacion acreditativa da representación (xunta directiva /responsable da entidade)
Acreditacion do cumprimento do disposto da instrución 2/2018, de 26 de marzo, da dirección general de energia y minas, sobre instalacións eléctricas temporais de baixa tensión
nos casos que sea procendente.
Plan de emerxencia / Plan de autoprotección
Acreditación da disponibilidade de terreos
Xustificante da contratación dos seguros de responsabilidade civil e de accidentes, aos que se refire o artigo 14 do anexo II do Regulamento Xeral de Circulación.
Póliza de seguro de accidentes de participantes e recibo de pago
Póliza de seguro de responsabilidade Civil e recibo de pago
Observacións
Prazos:
- Prazo ordinario:
1. Para eventos entre 01/01 ó 30/06 o prazo de solicitude é do 15 de outubro ao 15 de novembro.
2. Para eventos entre 01/07 ó 31/12 o prazo de solicitude é do 1 ao 30 de abril.
- Prazo extraordinario: Con carácter extraordinario, e de forma xustificada, admitiranse para o seu análise as solicitudes de celebración de eventos que, por motivos técnicos ou de programación, non tiveran opcións de entrar dentro dos prazos establecidos no apartado anterior, cos seguintes condicionantes.
Nota: Os eventos na vía pública están suxeitos a unha Declaración Xurada do promotor do evento e Declaración Responsable da propiedade de cada instalación desmontable existente no evento, no caso de existir. Estes documentos deben se remitidos ao Concello de Vigo antes da celebración do evento xunto co Plan de Autoprotección ou Plan de Emerxencia no caso necesario.
Oficinas
Oficina de deportes
Concello de Vigo, praza do Rei 1, 10º andar, 36202 Vigo. Teléfono: 986 810 295 / 986 810 237. Fax: 986 224 777 Email:
Comprobe a validez dos documentos emitidos polo Concello de Vigo.
Servizos da Sede Electrónica
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).