Solicitude de información urbanística especial

As persoas interesadas poderán formular consultas urbanísticas especiais para resolver as dúbidas de interpretación que lles poida suscitar a aplicación dun ou varios preceptos da normativa urbanística presentando propostas técnicas sobre unha actuación urbanística concreta.

Deben formularse obrigatoriamente as consultas previas que expresamente están recollidas nas Normas Urbanísticas, por razóns de protección, por exemplo na Ordenanza 2, ou por circunstancias expresas, como a establecida no Artigo 6.10.9 das Normas Urbanísticas, ou noutros casos análogos.

A quen está dirixido

Persoas físicas e xurídicas.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón "Tramitar por Internet" e siga os pasos que se lle indican.




Documentación requirida

    • Impreso de solicitude xeral da Xerencia de Urbanismo
    • Solicitante: Fotocopia do DNI no caso de persoas físicas. No caso de persoas xurídicas a persoa que asina a petición achegará documentación acreditativa da súa representación como unha fotocopia pública da escritura de constitución da sociedade, poder,etc
    • Plano de localización sobre cartografía oficial Din A-3, Escala 1/2000
      no que se reflicte a posición exacta da parcela.
    • Documentación Complementaria
      Toda aquela documentación que estime oportuna relacionada coa súa consulta para poder darlle solución.

Observacións

Se ningunha das propostas técnicas fose conforme á normativa urbanística, os servizos técnicos municipais poderán informar ao solicitante das rectificacións precisas.

A resposta deberá ser ratificada polo órgano competente para autorizar o futuro proxecto.

A contestación da consulta deberá producirse no prazo máximo de tres meses. Non en tanto, o prazo será interrompido nos casos nos que deba de recabarse informe ou ditame preceptivo.

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n

    Teléfono: 986 810 320

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información