Subvencións para o fomento do asociacionismo e da Participación Cidadá 2024

Esta convocatoria de subvencións, realizada pola Concellaría de Participación Cidadá e Distritos, e aprobada pola Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria do 23/08/2024, ten por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas ás asociacións veciñais e sociedades culturais co fin de reforzar a capacidade de autoorganización das entidades asociativas e posibilitar o fortalecemento do tecido social e a promoción de calidade de vida e benestar social da cidadanía. Os programas subvencionables, para o cumprimento dos seus fins e o desenvolvemento das súas actividades, son os seguintes programas:

- Programa I: Gastos de mantemento e funcionamento das entidades veciñais

- Programa II: Gastos de mantemento de entidades veciñais que carezan de locais municipais en réxime de cesión ou en outras condicións de uso gratuítas

- Programa III: Gastos en investimento. Equipamento.

- Programa IV: Gastos en investimento. Obras e adquisición de Inmobles

A quen está dirixido

Poderán concorrer a esta convocatoria pública as entidades que operen no movemento veciñal e figuren inscritas nos epígrafes 10.1 ou 10.5 do Rexistro Municipal de Asociacións (Asociacións de veciños e sociedades culturais), que cumprindo os requisitos e finalidade da mesma, fomenten o asociacionismo e a participación cidadá e teñan como ámbito de actuación o término municipal de Vigo. Considéranse gastos subvencionables os que , de xeito indubidable, respondan a natureza da actividade subvencionada e se realicen dentro do prazo establecido nas bases reguladoras (16 novembro de 2023 ata o 30 de setembro de 2024).

Como facelo

Por Internet

En cumprimento do deber imposto polo artigo 14.2.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPAC), establécese o emprego, de xeito exclusivo, de medios electrónicos para presentar e tramitar a solicitude desta subvención.




Prazos

O prazo de presentación de solicitudes é do 26/09/2024 ao 16/10/2024

Documentación requirida

Normativa Municipal

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información