Certificado de empadroamento individual/familiar aos efectos de solicitar a percepción do bono social para traballadores autónomos prevista no Real Decreto-Lei 11/2020, de 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19.
As persoas que precisen obter o certificado, individual ou familiar, para solicitar a percepción do bono social para autónomos que cesaran a súa actividade ou reduciran a súa facturación como consecuencia do COVID-19 prevista no art. 28 do Real Decreto-lei 11/2020, poderán solicitalo do seguinte xeito:
A) Se dispón de certificado dixital, a través do Rexistro Xeral Electrónico do Concello de Vigo. No ASUNTO da solicitude debe indicar “Solicitude de certificado de empadroamento para bono social”.
B) Sen necesidade de certificado dixital, cumprimentando e adxuntando a documentación requirida mediante o formulario web dispoñible premendo no botón "Tramitar por internet".
C) Exclusivamente para este trámite, enviando a documentación requirida por correo electrónico á dirección ofi.estatistica@vigo.org. No ASUNTO reflictirase o número do seu documento de identidade, seguido da indicación “Solicitude de certificado de empadroamento para bono social”.
Nos tres casos, a solicitude irá acompañada da documentación requirida, escaneada ou fotografada, indicada máis abaixo.
- O certificado expedirase aos efectos de acreditación da situación padroal, a fin de solicitar o bono social previsto no art. 28 do Real Decreto-lei 11/2020.
- Con carácter excepcional para este trámite, o certificado expedido aos efectos indicados enviarase á dirección de correo electrónico indicada polo interesado na solicitude.
- De conformidade co art. 28.7 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas “os interesados responsabilizaranse da veracidade dos documentos que acheguen” .
Pode consultar:
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).