Mediante este trámite poderá realizar a inscrición no Programa Municipal de Escolas Deportivas.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Recollendo e presentando a solicitude de inscrición nas oficinas do pavillón de Travesas. Entre o martes 1 de setembro e o domingo 13 de setembro para alumnos antigos (ver días específicos para cada modalidade deportiva), e entre o martes 15 e o mércores 30 de setembro para alumnos novos (ver días específicos para cada modalidade deportiva).Solicitudes de exención de pago
Os solicitantes da exención de pago do Programa, deberán realizar estes 3 pasos antes de acudir a reservar a praza de xeito presencial, nas oficinas do Complexo Deportivo de Travesas.
UNHA SOLICITUDE DE EXENCIÓN POR CADA UNIDADE FAMILIAR (unha solicitude de inscrición, para todos os irmáns que se queiran inscribir)
1º Paso: Descargar e cubrir a solicitude que se anexa.
2º Paso: Presentar a solicitude asinada, e toda a documentación a través do rexistro electrónico na páxina do Concello de Vigo ou rexistro presencial con cita previa (vigo.org/citaprevia) no Concello de Vigo. Para a realización do rexistro electrónico pode consultar a páxina sede.vigo.org na carpeta cidadá (recoméndase realizar este paso con suficiente antelación).
3º Paso: Co número de rexistro da solicitude presentada, pode ir a reservar a praza presencialmente nas oficinas de Travesas, nos días establecidos para cada modalidade deportiva. (nas oficinas só deberán presentar o número de rexistro, DNI e libro de familia. Non se precisa a documentación presentada por rexistro).
Importes:
O importe a abonar é de 49.75 € para cada actividade (excepto a actividade de natación artística, escalada, piragüismo, kaiak, que é de 128.25 €). Toda a información, no folleto adxunto no apartado de documentación.
Horario: Horarios de oficina para inscripcións: De 9:00 a 13:30.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).