AR-001 Declaración responsable - a través de representante - de apertura de establecemento destinado a actividade recreativa ou espectáculos públicos cunha capacidade inferior ou igual a 500 persoas en locais que non precisan obras de adaptación

Mediante este trámite as persoas interesadas poñen en coñecemento da administración pública competente os seus datos de identificación e demais requisitos esixibles para o exercicio dun dereito ou inicio dunha actividade, consonte co establecido no artigo 69.1 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas.

Baixo a súa responsabilidade, poderá iniciar a actividade desde a data indicada na solicitude.

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica, que actue en representación doutra, que vaia a abrir un establecemento cunha capacidade igual ou inferior a 500 persoas no que se desenvolvan actividades recreativas ou espectáculos públicos, excepto aquelas cuxa normativa específica exixa a concesión de licenza ou autorización.

As actividades recreativas ou espectáculos públicos son as establecidas no “Catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia”

Como facelo

Por Internet

Pode realizar o pago da autoliquidación e enviar a documentación requirida de forma telemática. Deste xeito a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.

Obrigatoria de conformidade co artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas : Persoas xurídicas, Entidades sen personalidade xurídica. Profesionais de colexiación obrigatoria, no exercicio de súa actividade profesional e quen represente a obrigados a relacionarse de forma electrónica




Presencialmente

Deberá achegar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co xustificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.

Unicamente para persoas físicas non obrigadas de conformidade ao artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas

Documentación requirida

  • Datos identificativos da persoa solicitante
    • Persoas físicas
      DNI (ou documento que faga as súas veces) da solicitante e da representante. As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
    • Persoas xurídicas
      1. DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación. 2. Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
  • Se no local realizáronse obras de adaptación previas ao desenvolvemento da actividade (con licenza ou comunicación previa)
    • Certificación de fin de obra das obras e das instalacións, asinada polo/a técnico/a director/a das obras
    • Documento acreditativo da dispoñibilidade do local
      (contrato de arrendamento ou escritura de compra, etc.), para o caso de que o titular de actividade é distinto o solicitante da obra.
    • Reportaxe fotográfica do local
      Fachadas e interior do local, subscrita polo solicitante e polo técnico redactor do proxecto
    • Póliza de seguro de responsabilidade civil obrigatorio e o recibo de pagamento das primas correspondentes ao período do seguro en curso ou a copia destes
      (para o caso de que o titular de actividade é distinto o solicitante da obra)
    • Informe do illamento acústico conseguido no local
      De acordo co disposto no artigo 11 do DECRETO 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia, que deberá completarse co disposto no artigo 15 da Ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emisión de ruídos e vibracións
  • Se non son precisas obras de acondicionamento para o desenvolvemento da actividade
    • Documento acreditativo da dispoñibilidade do local
      Contrato de arrendamento ou escritura de compra, etc.
    • Planos de situación e localización do local
      No que se pretende a actividade, a escala mínima 1:2000 e 1:500 respectivamente, asinado por técnico competente.
    • Proxecto técnico e a documentación técnica que resulte exixible segundo a natureza da actividade
      asinados por persoa técnica competente, co contido mínimo establecido no anexo 3 da Ordenanza municipal reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa.
    • Declaración responsable (ou certificado colexial) de técnico competente
      No que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade
    • Póliza de seguro de responsabilidade civil obrigatorio e o recibo de pagamento das primas correspondentes ao período do seguro en curso ou a copia destes
      Segundo o previsto na normativa en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, e o recibo de pagamento das primas correspondentes ao período do seguro en curso ou a copia destes
    • Autorización,o informe ou a declaración ambiental que proceda

      Se fora o caso

    • Responsable da execución do proxecto de actividade
      Documento acreditativo asinado pola persoa interesada da designación da persoa física ou xurídica que debe asumir a responsabilidade técnica da execución do proxecto e que debe expedir a certificación que acredite a adecuación do espectáculo público ou da actividade recreativa aos requisitos exixibles.
    • Informe do illamento acústico conseguido no local
      De acordo co disposto no artigo 11 do DECRETO 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia, que deberá completarse co disposto no artigo 15 da Ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida pola emisión de ruídos e vibracións
    • Certificado, a acta ou o informe de conformidade emitido polas entidades de certificación de conformidade municipal reguladas na Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia. (Se fora o caso)

Observacións

A declaración responsable presentada cumprindo os requisitos habilita para a apertura do establecemento desde a súa presentación, sen prexuízo das facultades de comprobación, control e inspección atribuídas á Administración.

Non é unha autorización administrativa para exercer unha actividade senón un medio para que a administración coñeza a existencia da dita actividade e posibilitar o control posterior, distinto da facultade de inspección ordinaria, mediante as oportunas actuacións administrativas. O control municipal prodúcese con posterioridade ao inicio da actividade. A existencia de inexactitudes, falsidades ou deficiencias no local determinará a imposibilidade de continuar co exercicio da actividade

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n

    Teléfono: 986 810 320

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información