Vostede pode imprimir na súa propia casa os recibos das taxas e impostos municipais que se atopen en periodo de pagamento, sen esperar a que llos envíe o Concello e sen ter que vir ata as súas oficinas da praza do Rei.
Debe introducir o código tributario e o seu DNI/CIF. O código tributario é un número único que identifica o ben tributario. Pode obtelo do recibo do ano anterior.
Ao premer en Seguir creará un documento en formato PDF co seu recibo, que poderá imprimir na súa casa.
A través da Carpeta do Cidadán pode imprimir o recibo sen necesidade de ter que identificalo co código tributario xa que ten acceso directo aos seus datos.
Pode imprimir o recibo sempre que este se atope en periodo de pagamento.
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).