PO-001 Comunicación previa de primeira ocupación (solicitude a través de representante)

Terminadas as obras de edificación, autorizadas nas correspondentes licenzas previas, a persoa titular da licenza, porao en coñecemento do Concello de Vigo, mediante impreso normalizado de comunicación previa de primeira ocupación, xunto coa documentación preceptiva.

Antes da comunicación previa de primeira ocupación da edificación deberán cumprimentarse todas as condicións da licenza de obras autorizada (cesións, urbanización ....).

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica.

Cómo hacerlo

Por Internet

Prema no botón "Tramitar por internet" e siga os pasos que se lle indican.




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Deberá entregar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co xustificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.

Documentación requerida

    • Impreso de solicitude de primeira ocupación
    • Certificado final de obra orixinal
      expedido polo/s técnico/s director/es da obra e visado polo colexio profesional correspondente.
    • Certificado de homologación que acredite a resistencia ao lume das portas RF
      expedido por un laboratorio homologado (excepto vivendas unifamiliares).
    • Certificado acreditativo do cumprimento das prescricións establecidas no capitulo I do Titulo III da Ordenanza Municipal de Protección do Medio contra a Contaminación Acústica
      expedido pola empresa ou entidade homologada para estes fins. Na certificación deberá constar expresamente o cumprimento dos requisitos acústicos esixidos.
    • En seu caso, Boletín de Instalación das Infraestructuras Comúns de Telecomunicacións
      No seu caso. En edificios de máis de 20 vivendas ou uso non residencial, certificado final de obra (expedido polo Enxeñeiro ou Enxeñeiro técnico de Telecomunicacións), selados pola Xefatura de Inspección de Telecomunicacións.
    • Impreso de autoliquidación da taxa de licenza de primeira ocupación
  • Datos identificativos da persoa solicitante
    • Persoas físicas
      DNI (ou documento que faga as súas veces) da solicitante e da representante. As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
    • Persoas xurídicas
      1. DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación. 2. Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
  • No caso de variacións de detalle na obra executada
    • Memoria e planos da situación final da obra
      nos que queden perfectamente recollidas, descritas e identificadas as variacións introducidas.
  • No caso de edificacións de uso residencial
    • Acta de Recepción
      da obra executada, se se outorgase expresamente, ou a acreditación da recepción tácita.
  • Se a edificación ten por obxecto o desenvolvemento dunha actividade. No caso de proxectos achegados a través da PLATAFORMA DE EDICIÓN DE PROXECTOS ou do acceso telemático ao Colexio Profesional, unicamente deberá aportar o código
    • Certificación de fin de obra das instalacións
      conforme estas se executaron de acordo co proxecto e licenzas que se autorizan, asinada polo técnico director e visada polo correspondente colexio profesional.
    • Medicións sonométricas acreditativas do illamento acústico conseguido no local
      Se é o caso e de acordo co disposto ao respecto no manual de procedementos da vixente Ordenanza municipal de ruídos.  Todo elo en cumprimento do apartado 2 do artigo 15 da Ordenanza Municipal de Ruídos e punto 2 do apartado: Valores de Referencia e táboa 4 do seu Manual de Procedementos. As medicións deberán ser realizadas por empresa homologada pola Xunta de Galicia, asinadas por técnico competente a empresa homologada.

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n

    Teléfono: 986 810 320

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Ayuntamiento de Vigo (Servicio de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servicios de la Sede Electrónica

Carpeta ciudadana

Para tener acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario y clave de Carpeta Ciudadana o mediante Certificado electrónico (como el DNI electrónico).

Más información