Subsanación de documentación en alta e modificación de domicilio do padrón de habitantes

O Padrón é o rexistro que acredita a residencia e o enderezo dos veciños do municipio para todos os efectos administrativos.

Toda persoa que viva en España ten a obriga de inscribirse no padrón do municipio onde reside habitualmente. Quen viva en varios municipios, ou en varios domicilios dentro do mesmo municipio, deberá inscribirse únicamente no que resida durante máis tempo ó ano.

A quen está dirixido

Toda persoa a que se lle requirira subsanar documentación asociado coa sua solicitude de alta ou modificación de domicilio no padrón de habitantes de Vigo.

Documentación requirida

    • Folla de Inscrición ou Modificación no Padrón Municipal

      Asinada por todolos membros maiores de idade (nas casillas dos menores asinaran nai, pai ou titor legal).
      Se a presenta de forma presencial sinatura manual, se a presenta por internet asianda dixitalmente.
      Recomendable incluir un teléfono e un enderezo electrónico.

    • Documento de identidade (vixente e orixinal)

      Un dos seguintes: DNI, NIE con foto, pasaporte, tarxeta de residencia, cédula de inscripción ou resgardo de protección internacional.
      Obrigatorio o DNI para maiores de 14 anos.
      No caso de presentación online asinados dixitalmente polo titular (no caso de menores por un dos proxenitores)
      Se está caducado: pode aportar o resgardo de renovación pagado xunto con unha copia do documento caducado.

    • Domicilio
      Acreditar con algún dos seguintes:
      - Escritura de propiedade ou nota simple do Rexistro da Propiedade.
      - Contrato de aluguer + último recibo.
      - Poderá pedirse documentación complementaria.
    • Casos especiais de domicilios
      - Vivendas con outras persoas empadroadas: autorización por escrito dunha persoa adulta que xa esté empadroada (propietaria ou titular do contrato).
      - Establecementos colectivos (residencias, conventos, albergues...): autorización do director ou responsable con sinatura e selo.
      - Usuarios de servizos sociais: requirese un informe pertinente.
    • Representación voluntaria
      Necesaria autorización escrita clara e asinada.
      - Un documento de autorización asinado polas persoas que dan o permiso (representados).
      - Copia do DNI ou documento de identidade das persoas que autorizan.
      - Identificación do representante (a persoa que vai facer o trámite).
  • Inscrición de menores
    • Libro de familia ou certificado de nacemento
      Ambos proxenitores deben asinar o formulario ou autorizar por escrito (con copia do DNI).
    • Circunstancias
      Se hai custodia exclusiva: declaración responsable de que a sentenza segue en vigor.
      Se hai custodia compartida: documento que acredite acordo mutuo.
      Empadroamento de menores en outros domicilios: autorización por escrito.
      Tutelados ou acollidos: resolución administrativa ou xudicial.
    • Partida de nacemento ou libro de familia do seu país
      No caso de menores procedentes do estranxeiro que no seu pasaporte non figuren os nomes dos pais

Como facelo

Por Internet

A través da Carpeta Ciudadana:

1. Precisas un dos seguintes: certificado dixital ou DNI electrónico ou chave permanente ou PIN-SMS do Concello de Vigo.
2. Cubrir o formulario de solicitude.
3. Achegar a documentación requirida asinada electrónicamente.

O empadroamento será efectivo trala revisión por parte do Servizo de Estatística e oportuna notificación ao interesado.




Prazos

O prazo máximo de resolución é de 3 meses.                  

Observacións

- Os que vivan en máis dun municipio inscribiranse no que residan durante máis tempo ó ano.

- O veciño ten dereito a coñecer a información que consta no Padrón sobre a súa persoa e a esixir a súa rectificación cando sexa errónea ou incorrecta.

- A presentación da folla de inscrición / modificación cumprimentada no Concello implica a súa conformidade para actualizar o Censo Electoral en consonancia cos datos reflectidos nela.

Oficinas

Lexislación relacionada

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información