Recollida a demanda de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos RAEE's

Método de recollida:

a) Recóllese o aparello na rúa, no portal do domicilio. Os traballadores do servizo non acceden ao domicilio en ningún caso. O solicitante debe estar presente.

b) Coa solicitude, o cidadán indica o día en que desexa que a empresa o chame para coordinar a recollida.

c) No día elixido, entre as 9 e as 13 horas, a empresa chama para confirmar os datos da recollida e o día no que se recollerá (preferiblemente o día elixido na solicitude).

d) No día acordado para a recollida, entre as 13 e as 14 horas, o equipo de recollida chama novamente para confirmar a hora da recollida (sempre pola tarde de 14 a 20 horas).

A quen está dirixido

Unicamente domicilios particulares, non se atenderán solicitudes de empresas, locais comerciais, autónomos, asociacións de veciños, centros culturais, comunidades de propietarios, centros educativos, centros médicos ou veterinarios, organismos oficiais, etc.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón "Tramitar por Internet" e siga as instrucións.




Por teléfono

Deberá chamar ao teléfono 900 859 660 de luns a venres de 9 a 14 horas, ou no 010.

Observacións

Tipos de residuos aceptados:

Aparellos eléctricos e electrónicos. Son aqueles que funcionan con electricidade ou pilas. Recolleranse os que teñan un tamaño igual ou superior a un forno microondas.

Non se recollerán:

- pequenos electrodomésticos cun tamaño inferior a un microondas. Estes deben levarse aos puntos limpos. Por exemplo non se recollen: batidora, exprimidor, secador de pelo, ordenador portátil, lámparas, xoguetes, etc

- elementos de uso en oficina ou industrial, por exemplo una fotocopiadora.

Cantidade máxima de residuos por recollida: ata tres elementos de cada vez

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información