Obras de ampliación: son aquelas actuacións encamiñadas á ampliación dunha edificación existente, ben por incremento da súa superficie ou da súa volumetría (fondo edificable, aumento do seu número de plantas…). As obras de ampliación están suxeitas a licenza municipal previa.
Obras de reestruturación: son aquelas obras encamiñadas a unha renovación, mesmo dos elementos estruturais, que conleven accións de renovación ou transformación e que poidan supoñer unha modificación da configuración espacial do inmoble e a substitución de elementos da súa estrutura, acabado ou outros determinantes da súa tipoloxía, cun alcance puntual, parcial ou xeral. Estarán suxeitas a licenza municipal previa as obras de reestruturación xeral e as de reestruturación parcial ou puntual que produzan unha variación esencial da composición xeral exterior, a volumetría ou o conxunto do sistema estrutural, ou teñan por obxecto cambiar os usos característicos do edificio.
Inclúe a totalidade das obras maiores de reforma de Edificios catalogados.
Calquera persoa física ou xurídica.
Premendo no botón "Tramitar por Internet" pode realizar o pago da autoliquidación online e enviar a documentación requirida de forma telemática. Desta maneira a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.
Obrigatoria de conformidade co artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas: Persoas xurídicas, Entidades sen personalidade xurídica. Profesionais de colexiación obrigatoria, no exercicio de súa actividade profesional e quen represente a obrigados a relacionarse de forma electrónica.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Deberá achegar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co xustificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.Praza do Rei s/n
Teléfono: 986 810 320
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).