OB-003 Solicitude de licenza de reforma, rehabilitación e consolidación

Obras de reforma: intervencións que, podendo realizarse dentro e/ou fóra dunha edificación, implican a substitución ou transformación de materiais, elementos ou partes destes, alterando ou non a súa estrutura e volumetría. Estarán suxeitas a licenza municipal previa as obras de reforma que produzan unha variación esencial da composición xeral exterior, a volumetría ou o conxunto do sistema estrutural, ou teñan por obxecto cambiar os usos característicos do edificio.

Obras de rehabilitación: son aquelas obras encamiñadas a mellorar e adecuar as condicións de habitabilidade, accesibilidade e uso, podendo implicar unha redistribución da organización espacial, conservando maioritariamente a configuración arquitectónica e disposición estrutural orixinal, tanto interior como exterior (fachadas, accesos, núcleos de escaleira, muros de carga, disposición estrutural horizontal, patios e división en plantas).

Obras de consolidación: son aquelas obras encamiñadas á conservación e mantemento que impliquen a substitución parcial ou total dalgún elemento estrutural do edificio con achega de elementos novos con deseño ou natureza material igual ou diferente aos substituídos, pero respectando integramente a organización espacial, a tipoloxía estrutural e a composición exterior da envolvente do edificio (fachadas e cubertas).

Estarán suxeitas a licenza municipal previa as obras de reforma, rehabilitación e consolidación na edificación existente que produzan unha variación esencial da composición xeral exterior, a volumetría ou o conxunto do sistema estrutural, ou teñan por obxecto cambiar os usos característicos do edificio, os cambios de uso a usos residenciais e todas as obras en edificios declarados bens de interese cultural ou catalogados polas súas singulares características ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos ou paisaxísticos.

Neste último caso (edificios catalogados), inclúense as obras de conservación que excedan das intervencións menores.

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica.

Como facelo

Por Internet

Premendo no botón "Tramitar por Internet" pode realizar o pago da autoliquidación online e enviar a documentación requirida de forma telemática. Desta maneira a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.

Obrigatoria de conformidade co artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas: Persoas xurídicas, Entidades sen personalidade xurídica. Profesionais de colexiación obrigatoria, no exercicio de súa actividade profesional e quen represente a obrigados a relacionarse de forma electrónica.




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Deberá achegar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co xustificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.

Documentación requirida

    • Impreso de solicitude de licenza de obras de reforma, rehabilitación e consolidación (OB-003)
    • Impreso de autoliquidación da taxa correspondente Copia do documento de autoliquidación da taxa correspondente
    • Persoas físicas
      Identificación no rexistro ou na sede electrónica. Quen compareza ou asine en representación doutra, acompañarán un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable) e copia do DNI do representado
    • Persoas xurídicas
      Identificación no rexistro ou na sede electrónica do representante e documentación acreditativa da representación e escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate. Non é necesario nas solicitudes realizadas na sede electrónica co certificado electrónico da persoa xurídica.
    • Escritura pública de propiedade do terreo
      A dita escritura achegarase inscrita no Rexistro da Propiedade cando haxa condicións suxeitas a inscrición rexistral. A superficie e lindeiros deberá coincidir coa parcela real e coa parcela catastral.
    • Reportaxe fotográfica da edificación
      subscrita polo/a solicitante e polo técnico redactor do proxecto.
    • Oficio de dirección das obras
    • Cuestionario estatístico de edificación e vivenda do Ministerio de Fomento
    • Autorizacións sectoriais previas preceptivas
    • Proxecto técnico
      redactado por técnico/a competente co contido establecido no Anexo I da Parte I do Código técnico da edificación e no anexo da Ordenanza de tramitación de licenzas .
  • No caso de edificacións en situación de fora de ordenación
    • Renuncia da persoa propietaria do inmoble ao incremento do valor en caso de expropiación
  • No caso de proxectos ou oficios de dirección sen visado colexial
    • Declaración responsable (ou certificado colexial) do técnico redactor do proxecto
      no que figuren os seus datos persoais e profesionais de forma que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
  • De ser o caso
    • Certificación de conformidade coa legalidade urbanística e o planeamento aplicable
      emitida por unha entidade de certificación de conformidade municipal debidamente acreditada e inscrita no Rexistro de Entidades de Certificación de Conformidade Municipal da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Se a licenza se solicita co proxecto básico e execución, ademais da documentación anterior deberá presentar: (Para proxectos achegados a través da Plataforma de edición de proxectos ou do acceso telemático ao Colexio Profesional,so deberá aportar o código
    • Estudo de seguridade e saúde
      segundo R.D. 1627/1997 redactado pola ou polo técnico competente
    • Oficio da dirección da execución da obra
    • Estudo de xestión e producción de residuos
      segundo R.D. 105/2008

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n

    Teléfono: 986 810 320

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información