OB-009 Licenza de obra (Varios)

Abrangue todas as obras que non teñen cabida en ningunha das anteriores definicións e non están suxeitas a comunicación previa, como poden ser piscinas, corte de masas arbóreas, etc.

Ademais, incluirá as solicitudes de instalación de carteleiras, antenas de telefonía ou instalacións de sistemas de captación de enerxía non suxeitas a comunicación previa ou declaración responsable. Nestes casos, a documentación a presentar coa solicitude será a establecida nas ordenanzas específicas: Ordenanza municipal reguladora das condicións urbanísticas de localización, instalación e funcionamento dos elementos e equipos de telecomunicación e Ordenanza urbanística reguladora da publicidade exterior no termo municipal de Vigo. No caso das instalacións de sistemas de captación de enerxía, deberá achegarse proxecto ou memoria técnica de deseño de conformidade coa normativa sectorial.

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica.

Como facelo

Por Internet

Premendo no botón "Tramitar por Internet" pode realizar o pago da autoliquidación online e enviar a documentación requirida de forma telemática. Desta maneira a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.

Obrigatoria de conformidade co artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas : Persoas xurídicas, Entidades sen personalidade xurídica. Profesionais de colexiación obrigatoria, no exercicio de súa actividade profesional e quen represente a obrigados a relacionarse de forma electrónica




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Deberá entregar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co justificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.

Documentación requirida

    • Impreso de solicitude de licenza de obra (varios)(OB-009)
    • Impreso de autoliquidación da taxa correspondente Copia do documento de autoliquidación da taxa correspondente
    • Persoas físicas
      Identificación no rexistro ou na sede electrónica. Quen compareza ou asine en representación doutra, acompañarán un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable) e copia do DNI do representado
    • Persoas xurídicas
      Identificación no rexistro ou na sede electrónica do representante e documentación acreditativa da representación e escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate. Non é necesario nas solicitudes realizadas na sede electrónica co certificado electrónico da persoa xurídica.
    • Escritura pública de propiedade do terreo
      A dita escritura achegarase inscrita no Rexistro da Propiedade cando haxa cesións ou outras condicións suxeitas a inscrición rexistral.
    • Reportaxe fotográfica do soar ou da edificación
      subscrita pola persoa solicitante e polo/a técnico/a redactor do proxecto. Nos casos de nova edificación en edificacións entre medianeiras, acompañarase tamén fotografías das fachadas dos edificios lindeiros.
    • Oficio de dirección das obras
    • Cuestionario estatístico de edificación e vivenda do Ministerio de Fomento (se procede.)
    • Documentación acreditativa da mancomunidade de patios ou garaxes (Cando proceda.)
    • Autorizacións sectoriais previas preceptivas
      No caso de parcelas afectadas polas servidumes aeronáuticas legalmente establecidas deberá aportar xustificante da presolicitude realizada na sede electrónica da AESA.
    • Proxecto técnico
      redactado por técnico/a competente co contido establecido no Anexo I da Parte I do Código Técnico da Edificación e no anexo I da Ordenanza de tramitación de licenzas. No caso de instalacións de captación de enerxía, memoria técnica de deseño por proxecto técnico de conformidade coa lexislación sectorial.
  • En edificacións incluídas en ámbitos de Plan Especial de Intervención.
    • Resultado da consulta previa ante a comisión de seguimento do PEEC
      Edificacións incluidas no ámbito do Plan Especial e Catálogo Complementario de Edificios, Conxuntos e Elementos a Conservar, Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) do Casco Vello ou Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) do Casco Histórico de Bouzas
  • De ser o caso
    • Xustificación do cumprimento da ordenanza municipal sobre captación e aproveitamento de enerxía solar para usos térmicos en edificacións e instalacións no termo municipal de Vigo
    • Certificación de conformidade coa legalidade urbanística e o planeamento aplicable
      emitida por unha entidade de certificación de conformidade municipal debidamente acreditada e inscrita no Rexistro de Entidades de Certificación de Conformidade Municipal da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Se as obras comportan a execución de escavacións, terrapléns, desmonte ou rebaixe de terras:
    • Plano dos perfís
      que se consideren necesarios para apreciar o volume e características da obra para realizar así como os de detalles precisos que indiquen as precaucións que adoptar en relación coa propia obra, vía pública e predios ou construcións veciñas que poidan ser afectados polo desmonte ou terraplén.
  • No caso de proxectos ou oficios de dirección sen visado colexial
    • Declaración responsable (ou certificado colexial) do técnico/a redactor/a do proxecto
      no que figuren os seus datos persoais e profesionais de forma que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
  • Se a licenza se solicita co proxecto básico e execución, ademais da documentación anterior deberá presentar: (Para proxectos achegados a través da Plataforma de edición de proxectos ou do acceso telemático ao Colexio Profesional,so deberá aportar o código
    • Estudo de seguridade e saúde
      segundo R.d. 1627/1997 redactado polo técnico competente e visado polo correspondente colexio profesional.
    • Proxecto técnico da instalación de enerxía solar térmica para auga quente sanitaria
      redactado por técnico/a competente
    • Oficio da dirección da execución da obra

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n

    Teléfono: 986 810 320

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información