SEDE ELECTRÓNICA

Contratación.

Contratos formalizados (Anteriores Abril 2011)

Alleamento de vehículos e chatarra

Data de publicación: 11/02/2011
Data de fin de prazo: 22/02/2011
Expediente: 3447-241

A Xunta de Goberno Local, en diversas sesións, adoptou os acordos seguintes:

"Allear a chatarra depositada no Parque Central de Servizos, consistente en:

Furgoneta PO-4620-AD, cun peso de 975 kgs.
Motocicleta PO-3008-BM, cun peso de 240 kgs.
Camión PO-2330-AG, cun peso de 10.000 kgs.
Chatarra diversa de ferro, cun peso aprox. de 20.000 kgs.
Retais de cable de cobre illado, nos que está incluído o illamento, cun total estimado de 500 kgs. A pesaxe efectuarase co cable no seu estado actual, polo que a retirada do illamento e outros procesos serán a cargo do adxudicatario.
Idem. Idem. retais de cable de aluminio illado, cun peso estimado de 1.000 kgs.

Solicitar oferta a diversas empresas especializadas, que haberán de cumpri-las seguintes condicións:

As empresas licitadoras estarán en posesión da autorización concedida pola Xunta de Galicia como xestoras de resíduos perigosos (vehículos ó final da súa vida útil).
Non se fixa tipo de licitación.
Os ofertantes aportarán prezos para a retirada de cada unha destas partidas, tendo en conta que serán ó seu cargo os custos de seccionamento, carga, temas administrativos, etc.
A pesaxe efectuarase no Parque Central, utilizando a súa báscula. O cable pesarase no seu estado actual, polo que a retirada do illamento e outros procesos será a cargo do adxudicatario.
A retirada das chatarras realizarase entre as 9.00 e as 14.00 horas, agás que o Parque Central autorice puntualmente un horario distinto por razóns xustificadas.
O adxudicatario será o licitador que oferte un prezo máis alto.

As ofertas presentaranse en sobre pechado a través do Rexistro Xeral do Concello que conterá o seguinte modelo de proposición:

"D. ......................, con D.N.I. nº .........., en nome propio (ou en representación de ........), informado do procedemento para o alleamento de chatarra do Parque Central de Servizos, solicita a súa admisión ó mesmo e fai constar:
1.- Que acepta integramente as condicións para o alleamento.
2.- Propón como prezos os seguintes:
Furgoneta PO-4620-AD .................................... euros
Motocileta PO-3008-BM ................................... euros
Camión PO-2330-AG ........................................ euros
Chatarra de ferro ............................................... euros/kg.
Retais de cable de cobre ................................... euros/kg.
Retais de cable de aluminio .................................. euros/kg.

Lugar, data e sinatura do licitador."



"Allear para chatarra 115 vehículos que se atopan no depósito municipal (que figuran en relacións adxuntas), solicitando oferta a diversas empresas especializadas, que haberán de cumpri-las seguintes condicións:

As empresas licitadoras estarán en posesión da autorización concedida pola Xunta de Galicia como xestoras de resíduos perigosos (vehículos ó final da súa vida útil).
Non se fixa tipo de licitación, debendo ofertarse unha cantidade global para o lote completo.
Os gastos de recollida e traslado dos vehículos e motocicletas serán por conta do adxudicatario, debendo secciona-los bastidores antes da retirada, no prazo máximo de 10 días (contado a partir da data de notificación do acordo de adxudicación), debendo presenta-lo xustificante do abono do prezo.
O adxudicatario será o licitador que oferte un prezo máis alto.

As ofertas presentaranse en sobre pechado a través do Rexistro Xeral do Concello que conterá o seguinte modelo de proposición:

"D. ......................, con D.N.I. nº .........., en nome propio (ou en representación de ........), informado do procedemento para a venda para chatarra de 115 vehículos, solicita a súa admisión ó mesmo e fai constar:
1.- Que acepta integramente as condicións para a enaxenación dos 115 vehículos.
2.- Propón como prezo para acompra dos 115 vehículos o de ........... euros.

Lugar, data e sinatura do licitador."

As ofertas presentaranse no Rexistro Xeral ata as 13.30 horas do día 22 de febreiro de 2011.

Documentación:

Alleamento de 56 vehículos para chatarra

Data de publicación: 09/09/2010
Data de fin de prazo: 20/09/2010
Expediente: 3289-241

A xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria e urxente do 19 de xullo de 2010, adoptou o seguinte acordo:

"Allear para chatarra 56 vehículos que se atopan no depósito municipal (que figuran en relación adxunta), solicitando oferta a diversas empresas especializadas, que haberán de cumpri-las seguintes condicións:

1.As empresas licitadoras estarán en posesión da autorización concedida pola Xunta de Galicia como xestoras de residuos perigosos (vehículos ó final da súa vida útil).
2.Non se fixa tipo de licitación, debendo ofertarse unha cantidade global para o lote completo.
3.Os gastos de recollida e traslado dos vehículos e motocicletas serán por conta do adxudicatario, debendo secciona-los bastidores antes da retirada, no prazo máximo de 10 días (contado a partir da data de notificación do acordo de adxudicación), debendo presenta-lo xustificante do abono do prezo.
4.O adxudicatario será o licitador que oferte un prezo máis alto.

As ofertas presentaranse en sobre pechado a través do Rexistro Xeral do Concello que conterá o seguinte modelo de proposición:

"D. ......................, con D.N.I. nº .........., en nome propio (ou en representación de ........), informado do procedemento para a venda para chatarra de 56 vehículos, solicita a súa admisión ó mesmo e fai constar:
1.- Que acepta integramente as condicións para a enaxenación dos 56 vehículos.
2.- Propón como prezo para a compra dos 56 vehículos o de ........... euros.

Lugar, data e sinatura do licitador."

O prazo para a presentación de ofertas rematará o 20 de setembro de 2010.

Documentación:

ALLEAMENTO DE CHATARRA DIVERSA DO PARQUE CENTRAL DE SERVIZOS

Data de publicación: 17/06/2010
Data de fin de prazo: 28/06/2010
Expediente: 3223-241

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 28 de maio de 2010, adoptou o seguinte acordo:

Allear a chatarra depositada no Parque Central de Servizos, consistente en:
Turismo 0703-BST, cun peso de 1.200 kgs.
Chatarra diversa de ferro, cun peso aprox. De 25.000 kgs.
Retais de cable de cobre illado, nos que está incluído o illamento, cun total estimado de 1.000 kgs.
Retais de cable de aluminio illado, cun peso estimado de 1.000 kgs.

Solicitar oferta a diversas empresas especializadas, que haberán de cumpri-las seguintes condicións:

As empresas licitadoras estarán en posesión da autorización concedida pola Xunta de Galicia como xestoras de resíduos perigosos (vehículos ó final da súa vida útil).
Non se fixa tipo de licitación.
Os ofertantes aportarán prezos para a retirada de cada unha destas partidas, tendo en conta que serán ó seu cargo os custos de seccionamento, carga, temas administrativos, etc.
A pesaxe efectuarase no Parque Central, utilizando. O cable pesarase no seu estado actual, polo que a retirada do illamento e outros procesos será a cargo do adxudicatario.
A retirada das chatarras realizarase entre as 9.00 e as 14.00 horas, agás que o Parque Central autorice puntualmente un horario distinto por razóns xustificadas.
O adxudicatario será o licitador que oferte un prezo máis alto.

As ofertas presentaranse en sobre pechado a través do Rexistro Xeral do Concello, ata as 13.30 horas do próximo día 28 de xuño, e conterá o seguinte modelo de proposición:

D. ......................, con D.N.I. nº .........., en nome propio (ou en representación de ........), informado do procedemento para o alleamento de chatarra do Parque Central de Servizos, solicita a súa admisión ó mesmo e fai constar:
1.- Que acepta integramente as condicións para o alleamento.
2.- Propón como prezos os seguintes:
Vehículo 0703-BST ............................................ euros
Chatarra de ferro ............................................... euros/kg.
Retais de cable de cobre .................................... euros/kg.
Retais de cable de aluminio ............................... euros/kg.

ep
O xefe da oficina administrativa de Contratación,

José Manuel Vieites Alén


Documentación:

Alleamento de 173 vehículos para chatarra

Data de publicación: 19/05/2010
Data de fin de prazo: 31/05/2010
Expediente: 3133-241

O acto público de apertura de ofertas se realizará o día 02-06-2010 ás 11,30 horas na sala anexa ó servizo de contratación do concello de Vigo.


A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 3 de maio de 2010, adoptou o seguinte acordo:

14.- ALLEAMENTO PARA CHATARRA DE 173 VEHÍCULOS QUE SE ATOPAN NO DEPÓSITO MUNICIPAL. EXPTE. 3133/241.

Examinadas as actuacións do expediente e de acordo co informe-proposta do xefe da Oficina administrativa de Contratación, do 19.04.10, conformado polo concelleiro delegado de Mobilidade e Seguridade, a Xunta de Goberno local acorda:

Allear para chatarra 173 vehículos que se atopan no depósito municipal (que figuran en relación disponible na oficina de Contratación), solicitando oferta a diversas empresas especializadas, que haberán de cumpri-las seguintes condicións:

As empresas licitadoras estarán en posesión da autorización concedida pola Xunta de Galicia como xestoras de resíduos perigosos (vehículos ó final da súa vida útil).
Non se fixa tipo de licitación, debendo ofertarse unha cantidade global para o lote completo.
Os gastos de recollida e traslado dos vehículos e motocicletas serán por conta do adxudicatario, debendo secciona-los bastidores antes da retirada, no prazo máximo de 10 días (contado a partir da data de notificación do acordo de adxudicación), debendo presenta-lo xustificante do abono do prezo.
O adxudicatario será o licitador que oferte un prezo máis alto.

As ofertas presentaranse en sobre pechado a través do Rexistro Xeral do Concello, ata as 13.30 horas do próximo día 31 de maio de 2010, que conterá o seguinte modelo de proposición:

"D. ......................, con D.N.I. nº .........., en nome propio (ou en representación de ........), informado do procedemento para a venda para chatarra de 173 vehículos, solicita a súa admisión ó mesmo e fai constar:
1.- Que acepta integramente as condicións para a enaxenación dos 173 vehículos.
2.- Propón como prezo para acompra dos 173 vehículos o de ........... euros.

Lugar, data e sinatura do licitador.


Documentación:

Ayuntamiento de Vigo (Servicio de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servicios de la Sede Electrónica

Carpeta ciudadana

Para tener acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario y clave de Carpeta Ciudadana o mediante Certificado electrónico (como el DNI electrónico).

Más información