SEDE ELECTRÓNICA

Accesibilidade web

Os sitios web das administracións públicas teñen o deber de cumprir os criterios de accesibilidade indicados na norma UNE-EN 301549 V.1.1.2:2015. Esta normativa fixa unha serie de características que todo portal Web debe cumprir se quere ser accesible, servindo ademais como base para a Certificación de Accesibilidade TIC ( Accesibilidade Web ) actualmente vixente en España.

Así mesmo, os sitios web da administración deben satisfacer todos os puntos de verificación de prioridade 2 (adecuación de nivel Dobre A) definidos na especificación de Pautas de Accesibilidade ao Contido na Web ( WCAG 2.0 ) pola Iniciativa de Accesibilidade Web ( WAI ) do Consorcio World Wide Web ( W3C ).

O Concello de Vigo ten como obxectivo principal que o seu sitio web sexa todo o accesible e usable posible. Deste xeito, realizouse adaptándose aos estándares e normativas vixentes en relación á accesibilidade. En calquera caso, é posible que encontre algunha páxina que non se adapte ao 100% a estes estándares, xa que algunhas das seccións contidas no portal están en proceso de adaptación e mellora. Se vostede experimenta algunha dificultade no acceso á información contida neste sitio web, por favor, contacte connosco mediante o seguinte formulario de contacto. Realizaremos as melloras necesarias coa maior brevidade posible.

Hai que ter en conta que para realizar operacións con sinatura electrónica o navegador debe utilizar javascript e os compoñentes clientes de sinatura electrónica necesarios.

Teclas de acceso rápido

Premendo unha combinación de teclas determinada poderá acceder rapidamente a determinadas páxinas ou contidos da páxina.

  • e Escoitar os contidos (nas páxinas que o teñan)
  • 0 Accesibilidade
  • 1 Páxina de inicio
  • 2 Procedementos
  • 3 Carpeta Cidadá
  • 4 Taboleiro de Edictos
  • 5 Ofertas de Emprego
  • 6 Perfil de Contratante
  • 7 Actas e Acordos
  • 8 Oficina Tributaria
  • 9 Convocatorias e Subvencións
  • m Mapa web
  • d Protección de Datos

Dependendo do navegador que utilice, o procedemento é distinto. Deseguido explicamos o funcionamento para os navegadores máis habituais.

  • Internet Explorer 5 e superiores (Windows): Manteña premida a tecla Alt, prema o número ou letra da tecla de acceso, solte ambas as teclas, e prema ENTER.
  • Firefox (Windows): Manteña premida a tecla Maiúsculas e Alt ao mesmo tempo e prema o número ou letra da tecla de acceso.
  • Firefox, Mozilla e Netscape 7+ (Mac OS X): Manteña premida a tecla Ctrl e prema o número ou letra da tecla de acceso
  • Safari e Omniweb (Mac OS X): Manteña premida a tecla Control e prema o número ou letra da tecla de acceso.
  • Konqueror (Linux): Manteña premida a tecla Control e prema o número ou letra da tecla de acceso.

Tamaño do texto

Se desexa cambiar o tamaño do texto deste sitio web, pode facelo a través do propio navegador, no menú “Ver”, opción “Tamaño do texto”, pode aumentar ou reducir o tamaño das letras.

Data da última revisión

A accesibilidade das páxinas deste sitio web revísanse previamente á súa publicación.

Data da última revisión: 18/07/2011

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información