Queixas e Suxestión
Os formularios de queixas e suxestións teñen por obxecto recoller as manifestacións de insatisfacción da cidadanía cos servizos prestados ou presentar iniciativas para a mellora na calidade do servizo ofrecido.
As queixas non terán carácter de recurso administrativo nin a súa presentación interromperá os prazos establecidos na normativa vixente. A presentación de queixas non supón, de ningún xeito, a renuncia ao exercicio doutros dereitos e accións que poida exercer a cidadanía.
Solicitude de Información
Solicitude de información xeral a través do correo: 010vigo.org
As canles para facer chegar á Administración, as queixas e suxestións poden ser:
Telemático:
- Teléfono: É o método máis rápido de resolver a súa queixa ou suxestión. (Recomendado). Custo da chamada
- 010 (para chamadas realizadas desde a cidade de Vigo).
- 986810260 (para chamadas desde a cidade de Vigo e desde fóra do municipio de Vigo).
- Internet: Cubrindo o seguinte formulario web.
- Presencial: nas oficinas dos organismos correspondentes.
- Videointerpretación 010: Servizo de videointerpretación para que todas as persoas xordas, independentemente do grao e tipo de discapacidade, poidan facer consultas ao servizo de información 010.