Exención do imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM) para vehículos matriculados a nome de persoas con discapacidade
Liberación da obriga de pago do 100% da cota do imposto.
Aplicación:
1. A exención non resultará aplicable ós suxeitos pasivos beneficiarios das mesmas por máis dun vehículo simultáneamente.
2. A xestión, liquidación, inspección e recadación deste imposto corresponde ao Concello de Vigo sempre que o domicilio que conste no permiso de circulación do vehículo pertenza ao termo municipal.
Período de vixencia:
1. As exencións por certificado do INSS deben solicitarse anualmente.
2. As exencións por certificado da Xunta de Galicia caducarán na primeira das seguintes datas:
a) Data fin da discapacidade.
b) Fin de vixencia do carnet de conducir.
A quen está dirixido
1. Ter unha discapacidade igual ou superior ao 33%. 2. Que o domicilio legal da persoa propietaria con discapacidade ten que ser igual ó domicilio do vehículo (tal e como contempla a DGT no seu regulamento de vehículos). 3. a) Se a persoa con discapacidade conduce, na póliza do seguro debe constar a persoa con discapacidade como propietaria e conductura habitual única. b) Se a persoa con discapacidade precisa axuda de terceiras persoas para o seu desprazamento e consta así no Certificado de Discapacidade, na póliza do seguro pode constar como conductor habitual outra persoa.
Como facelo
Por Internet
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Presencialmente
Solicitar cita previa para presentar a solicitude xunto coa documentación requirida.
Prazos
Se solicita no mes de xaneiro, a exención aplicarase nese mesmo ano, fóra do mes de xaneiro, a exención aplicarase para o exercicio seguinte.
Documentación requirida
-
Certificado de discapacidade
Pode ser: a) Xunta de Galicia. b) INSS (gran invalidez, permanente, permanente total e absoluta).
-
Carné de Conducir
Vixente, da persoa conductora.
-
Permiso de Circulación do Vehículo
No que conste a persoa discapacitada como propietaria exclusiva.
-
Póliza de Seguro del Vehículo
Vixente asinada polo tomador e pola aseguradora.
-
Recibo de pagamento do seguro en vigor
que conteña: a) Número da póliza. b) Matrícula do vehículo. c) Data de vixencia do seguro.
Oficinas
Normativa Municipal
Trámites relacionados