PA-001 Licenza de Parcelamento ou Informe de Innecesidad de Parcelamento

De conformidade co artigo 148 da Lei 2/2016 do solo de Galicia e 366 do Regulamento da dita Lei considerarase parcelación urbanística a división de terreos en dous ou máis lotes a fin da súa edificación.

Para estes efectos, son parcelacións urbanísticas todas as divisións ou segregacións de terreos cando, con independencia da clase de solo no que se pretendan realizar, teñan como obxectivo levar a cabo ou facilitar os actos de utilización propios do solo urbano e a implantación de obras propias deste solo, por razón das características físicas dos terreos afectados, da súa delimitación por viais existentes ou de nova creación, da implantación de servizos urbanísticos ou das características das obras descritas na operación de división.

Estarán suxeitas a licenza previa todas as parcelacións, segregacións ou outros actos de división de terreos e en calquera clase de solo urbanísticos non incluídos en proxectos de reparcelamento.

Será innecesario o outorgamento de licenza cando a división ou segregación sexa consecuencia de:

a) A aprobación dun proxecto de compensación, reparcelación ou expropiación

b) A execución de infraestruturas e dotacións públicas.

c) O outorgamento polo planeamento de distinta clasificación ou cualificación da parcela de orixe.

Nestes casos, poderá solicitarse un certificado sobre o innecesario da dita licenza.

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica.

Como facelo

Por Internet

Premendo no botón "Tramitar por Internet" pode realizar o pago da autoliquidación online e enviar a documentación requirida de forma telemática. Desta maneira a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.

Obrigatoria de conformidade co artigo 14.2 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas : Persoas xurídicas, Entidades sen personalidade xurídica. Profesionais de colexiación obrigatoria, no exercicio de súa actividade profesional e quen represente a obrigados a relacionarse de forma electrónica




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Deberá entregar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co justificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.

Documentación requirida

    • Impreso normalizado de solicitude de declaración de innecesariedad PA-001
    • Impreso de autoliquidación da taxa correspondente
    • Persoas físicas
      Identificación no rexistro ou na sede electrónica. Quen compareza ou asine en representación doutra, acompañarán un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable) e copia do DNI do representado.
    • Persoas xurídicas
      Identificación no rexistro ou na sede electrónica do representante e documentación acreditativa da representación e escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate. Non é necesario nas solicitudes realizadas na sede electrónica co certificado electrónico da persoa xurídica.
    • Escritura pública de propiedade do terreo inscrita no Rexistro da Propiedade
      Escritura pública de propiedade do terreo pola superficie que figura no proxecto ou na documentación técnica. A dita escritura achegarase inscrita no Rexistro da Propiedade cando haxa cesións ou outras condicións suxeitas a inscrición rexistral.
    • Representación gráfica xeorreferenciada
      En formato GML INSPIRE ou similar, da parcela catastral, de maneira que permita identificar sobre cartografía catastral a situación, forma e superficie da parcela e permita a súa incorporación ao Catastro. Neste sentido, o GML debe ser o resultante da medición topográfica real e recente da parcela obxecto da solicitude e que serve de base para a redacción da documentación técnica.
    • Reportaxe fotográfica da parcela e das edificacións existentes
    • Documentación técnica redactada por técnico competente co contido mínimo establecido neste anexo da Ordenanza de tramitación de licenzas. (Anexo 5)
    • Autorizacións sectoriais previas preceptivas (No seu caso)
  • No caso de proxectos ou oficios de dirección sen visado colexial
    • Declaración responsable (ou certificado colexial) do técnico redactor no que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permitan a súa identificación e na que se acredite non estar inhabilitado nin incurso en causa de incompatibilidade.

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n

    Teléfono: 986 810 320

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información