Comunicación previa de instalación de soportes publicitarios CP-005

Solicitude - a través de representante - de instalación de sistemas de captación ou xeración de enerxía como paneis fotovoltaicos, térmicos ou xeradores eólicos para instalacións de autoconsumo en edificación existente, que non necesiten a realización de obras suxeitas a comunicación previa ou licenza, como instalación de estruturas, postes etc.

Nos edificios catalogados deberá solicitar licenza previa.

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica que vaia a realizar unha actividade suxeita a comunicación previa.

Relación de actividades suxeitas a comunicación previa.

Como facelo

Por Internet

Temporalmente, deberán descargarse e cubrirse os formularios de forma manual. Deberá achegar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co xustificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no Rexistro Electrónico da Xerencia de Urbanismo de Vigo mediante o trámite de Solicitude Xeral



Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Deberá achegar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co xustificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.

Documentación requirida

    • Impreso normalizado de comunicación previa de obras maiores, instalacións, peches e rótulos CP-005
    • Impreso de autoliquidación da taxa correspondente
    • Persoas físicas
      Identificación no rexistro ou na sede electrónica. Quen compareza ou asine en representación doutra, acompañarán un documento que acredite debidamente a devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable) e copia do DNI do representado.
    • Persoas xurídicas
      Identificación no rexistro ou na sede electrónica do representante e documentación acreditativa da representación e escritura ou documento de constitución e/ou estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate. Non é necesario nas solicitudes realizadas na sede electrónica co certificado electrónico da persoa xurídica.
    • Oficio de dirección das obras e dirección da execución da obra.
    • Declaración responsable (ou certificado colexial) de técnico/a competente
      no que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e no que se acredite que non está inhabilitado/a ou incurso/a en causa de incompatibilidade.
    • Reportaxe fotográfica
    • Autorización da propiedade do emprazamento, expedida con menos de tres meses de antelación, indicando nome e apelidos do/da asinante, calidade na que actúa, DNI/NIF, enderezo e teléfono.
    • Póliza de seguro, segundo previsto no artigo 35.2 da Ordenanza de reguladora da publicidade exterior no termo municipal de Vigo
    • Documentación complementaria
      Se a actuación proxectada se atopa no contorno de protección dun ben incluído no Catálogo do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente, deberá xustificar que as obras están comprendidas entre as enumeradas no artigo 45.2 da Lei 5/2016 do patrimonio cultural de Galicia e, polo tanto, non precisan a autorización prevista no artigo 39.1 da dita lei. No caso de obras que non cumpran a anterior condición e se atopen no ámbito de protección dun elemento catalogado cun nivel de protección ambiental ou estrutural, deberá solicitar nesta administración autorización, previa á eficacia da comunicación previa, de conformidade co artigo 39.1 da LPCG.
  • De ser o caso
    • Certificación de conformidade coa legalidade urbanística e o planeamento aplicable
      Emitida por unha entidade de certificación de conformidade municipal debidamente acreditada e inscrita no Rexistro de Entidades de Certificación de Conformidade Municipal da Comunidade Autónoma de Galicia.

Observacións

En edificios catalogados todas as obras están suxeitas a licenza de obra previa.

A persoa interesada queda exenta de declarar ante o Catastro Inmobiliario os feitos, actos ou negocios con relevancia catastral derivados da presente comunicación previa, por terse acollido o Concello de Vigo ao réxime de comunicación do artigo 14.b) do Texto refundido da Lei do Catastro Inmobiliario, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2004, do 5 de marzo.

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n

    Teléfono: 986 810 320

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información