Escudo Concello de Vigo

Servizo de Orientación Laboral (SOL)

Mediante este servizo accédese, mediante cita previa , ao dispositivo municipal que facilita información, apoio e asesoramento nos procesos de busca de emprego das persoas desempregadas de Vigo.

A quen está dirixido

Persoas en situación de desemprego ou con emprego precario, inscritas nunha oficina do Servizo Público de Emprego de Vigo, que se atopen na procura de emprego.

Como facelo

Por Internet

Pódese pedir a cita previa a través dos seguintes correos electrónicos: ofi.emprego@vigo.org ou sol@vigo.org

Posteriormente un técnico poñerase en contacto telefónico co solicitante para requerirlle os datos necesarios para preparar o asesoramento.

Presencialmente

Solicitando unha cita na Consellería de Desenvolvemento Local e Emprego na 4º planta da Casa do Concello.

Por teléfono

Solicitándo cita no teléfono: 986 810 232

Documentación requirida

    • DNI
      Para achegar o día da cita.
    • Vida Laboral
      Para achegar o día da cita.
    • Documentación Complementaria
      Curriculum Vitae (se o ten), acreditación das titulacións, cursos, certificación de minusvalía, documentación específica no caso de migrante ou emigrante retornado, de ser o caso.
    • Tarxeta da Oficina de Emprego
      Para achegar o día da cita.

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información