Escudo Concello de Vigo

Certificado de Ter Pago o Recibo da Taxa pola Recollida de Lixo Vivenda

O certificado de ter pago o recibo da Taxa pola Recollida do Lixo é un documento que xustifica ter efectuado o pago do tributo a todolos efectos.

A quen está dirixido

Aqueles obrigados ao pago que precisen por calquer motivo un xustificante de ter realizado o pago dun tributo municipal.

Como facelo

Por Internet

Pode imprimir directamente desde Internet o certificado de forma inmediata e gratuita.

Para emitir un certificado de pagamento de recibos dos impostos municipais na súa propia casa, ten que cubrir os campos baleiros: DNI, código tributario e tipo de imposto a pagar. O código tributario pode copialo do recibo. Pode tamén facelo dende a Carpeta do Cidadán sen necesidade de coñecer o código tributario.




Presencialmente

Pode obtelo directamente na oficina de "Recadación Voluntaria" de forma inmediata e gratuita

Documentación requirida

  • Impreso de pagamento da taxa pola expedición de documentos
    Para uso na tramitación presencial.
  • Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte do solicitante

Oficinas

  • Tesourería - Recadación

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Planta Baixa
    36202 Vigo
    Teléfono: 986 810 100 (ext. 1283)

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Lexislación relacionada

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información