Solicitude de Información Xurídica en Materia de Estranxería

Mediante esta solicitude poderá recibir información sobre dereito de estranxería relacionada con trámites tales como:

- Regularización en xeral (autorización de residencia, residencia e traballo, autorización de residencia por circunstancias excepcionais, etc)

- Renovación de autorizacións de residencia e de residencia e traballo.

- Visados.

- Tarxeta de estudante e traballo dos estudantes estranxeiros.

- Asistencia sanitaria dos estranxeiros en situación regular e irregular.

- Nacionalidade: Adquisición de nacionalidade española, pérdida e recuperación, dobre nacionalidade.

- Legalización de documentos estranxeiros.

- Homologación de títulos estranxeiros e convalidación do permiso de conducir.

- Réximen comunitario.

- Infraccións e Sancións: Procedemento de expulsión, devolución, etc

- Asistencia xurídica gratuíta.

- Información legal familiar.

- Prórroga de estancia e autorizacións de regreso.

- Calquera outra cuestión que se poida suscitar en torno a esta materia

A quen está dirixido

Estranxeiros/as empadroados/as no Concello de Vigo.

Como facelo

Por Internet

Pode solicitar a cita a través do correo electrónico ofi.inmigracion@vigo.org da Oficina Municipal de Atención e Información ao Inmigrante e Emigrante Retornado para manter unha entrevista co/a avogado/a da Oficina.




Presencialmente

Solicitude de cita á Oficina Municipal de Atención e Información ao Inmigrante e Emigrante Retornado para manter unha entrevista co/a avogado/a da Oficina.

Por teléfono

Solicitude cita: 986-442356 ; 986-442096

Oficinas

  • Oficina Municipal de Atención e Información a Inmigrantes e Emigrantes Retornados Rúa Martínez Garrido 21 interior
    36205 Vigo
    Teléfono: 986 442 356
    Fax: 986 442 096
    Email: ofi.inmigracion@vigo.org

    Horario: De 9 a 14 horas de luns a venres

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información