Informe social para acceso ao Programa de Retorno Voluntario de Inmigrantes desde España da O.I.M.

Emisión de Informe Social con valoración favorable para acollerse ao Programa de Retorno Voluntario de Inmigrantes desde España (PREVIE) da O.I.M. (Organización Internacional para as Migracións).

A quen está dirixido

Estranxeiros empadroados en Vigo cunha estancia mínima e continuada de 6 meses cuxo proceso migratorio fracase e desexen retornar ao seu país, que non sexan nacionais intracomunitarios, de países candidatos á UE, de países en conflito, nin da cuenca mediterránea (Mauritania, Marruecos, Túnez, Argelia, Libia).

Cómo hacerlo

Por Internet

Pode solicitar a cita previa a través do correo electrónico ofi.inmigración@vigo.org.




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

1. Solicitude de cita co/a traballador/a social da Oficina Municipal de Atención e Información a Inmigrantes e Emigrantes Retornados para manter unha entrevista. 

2. Entrevista coa traballadora social na que quedará aclarada a situación socio-económica e o cumprimento dos requisitos marcados pola O.I.M. para o acceso ao Programa de Retorno Voluntario de Inmigrantes desde España. 

3. Se se cumpren os requisitos  cubrirase o cuestionario de solicitude de acceso ao PREVIE en modelo oficial da O.I.M. e solicitude de Informe Social ao Concello de Vigo.

Por teléfono

Solicitude de cita nos teléfonos: 986 442 096 ; 986 442 356

Documentación requerida

    • Pasaporte (en vigor.)
    • Autorización de Residencia e Traballo (se se posee.)
    • Documentación Complementaria
      Todo tipo de documentación que acredite a situación socio-económica do/a solicitante.

Oficinas

  • Oficina Municipal de Atención e Información a Inmigrantes e Emigrantes Retornados Rúa Martínez Garrido 21 interior
    36205 Vigo
    Teléfono: 986 442 356
    Fax: 986 442 096
    Email: ofi.inmigracion@vigo.org

    Horario: De 9 a 14 horas de luns a venres

Ayuntamiento de Vigo (Servicio de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servicios de la Sede Electrónica

Carpeta ciudadana

Para tener acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario y clave de Carpeta Ciudadana o mediante Certificado electrónico (como el DNI electrónico).

Más información