Solicitude de Compensación de Débedas

As débedas coa Facenda Municipal poderán extinguirse total ou parcialmente por compensación, tanto en período voluntario como executivo, cos créditos recoñecidos pola mesma a favor do debedor.

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica que teña un crédito recoñecido polo Concello.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.



Presencialmente

O debedor que solicite a compensación deberá dirixirlle ó Concello a correspondente solicitude que conterá os seguintes requisitos:

a) Nome e apelidos ou razón social completa, Número de identificación fiscal e domicilio fiscal do obrigado tributario.

b) Débeda tributaria á que se refire a compensación e o seu importe, data de vencemento do prazo de ingreso voluntario e referencia contable.

c) Crédito contra o Concello que se ofrece compensar, o seu importe e natureza.

d) Declaración expresa de non ter transmitido ou cedido o crédito a outra persoa.

Documentación requirida

    • Solicitude de Compensación de Débedas 2 copias
    • Certificado da oficina de contabilidade municipal da existencia de crédito recoñecido e pendente de pago
      Ou no seu caso, xustificación de ter solicitado certificado da oficina de contabilidade do órgano xestor do gasto ou do pagamento, no que se reflicta a existencia do crédito recoñecido pendente de pagamento, a data do seu recoñecemento e a suspensión, a instancia do interesado, dos trámites para o seu aboamento en tanto non se comunique a resolución do procedemento de compensación.
    • Impreso de autoliquidación
      Para o caso de solicitude de compensación con débedas autoliquidables. Salvo que o interesado non estea obrigado a presentalo por obrar xa en poder da Administración, en tal caso, sinalará na solicitude o día en que presentou por rexistro a autoliquidación e o seu número de xustificante.
    • Documentación Complementaria
      Cando se solicite a compensación coa devolución dun ingreso indebido por calquera tributo deberá presentar: - Copia do acto. - Resolución ou sentenza firme. - Declaración escrita do solicitante de que tal acto non está reclamado.

Observacións


A Alcaldía acordará ou denegará a compensación no prazo máximo de seis meses.


Oficinas

  • Tesouraría - Recadación Concello de Vigo Planta baixa Praza do Rei 1 36202 Vigo
    Teléfonos: 986 810 133; 986 810 126; 986 810 275
    E-mail: ofi.voluntaria@vigo.org

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información