
Trámite para cambiar a titularidade polo tempo que resta da concesión de nichos, cinceiros ou panteóns en cemiterios municipais por un contrato de compra - venda.
O propietario.
Presentando a solicitude en documento normalizado xunto coa documentación requirida e o pagamento da taxa correspondente no Rexistro Xeral do Concello.
Na solicitude deberá facer constar os datos persoais do titular, da persoa ou persoas a quen se lle van a transmitir as bocas e os datos destas (cemiterio, libro e folio).
Écondición indispensábel que a concesión teña máis de 5 anos.
O prazo de resolución é de 2 meses aproximadamente.
Ao importe a satisfacer pola taxa correspondente, deberase engadir a cantidade especificada na Ordenanza Reguladora dos Cemiterios Municipais en concepto de expedición do título.
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - Sótano 2 (Entrada por rúa granada)
Teléfono: 986 810 112
Fax: 986 437 085
Email: ofi.cemiterios@vigo.org
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).