Procedemento de uso e de reservas de instalacións deportivas municipais do IMD

O Servizo de deportes do Concello de Vigo pon a disposición de todos os cidadáns as instalacións deportivas municipais.

INSTALACIONS DEPORTIVAS

Tenis: 12 pistas ó aire libre en Samil.

Frontón e Frontenis: 5 frontóns exteriores e 1 cuberto no Complexo de Travesas.

Squash: 6 pistas en Balaídos, 3 pistas en Travesas, 2 en Lavadores e 1 en Berbés.

Padel: 3 pistas en Samil.

Pavillóns deportivos: Pavillón vermello, frontón cuberto, e Pavillón do Carmen en Travesas, 2 pistas en Balaídos, Pavillón de Coia, Berbés, Bouzas, Bembrive, Castrelos, Coruxo, Teis, Lavadores, Etea, Candeán.

Campos de fútbol: Campo sintético de Travesas, Navia, Samil e Etea.

A quen está dirixido

Calquera persoa.

Como facelo

Por Internet

Reservas por Internet: Poderán facerse reservas dende as 20:00 h do segundo día anterior ó día da reserva ata a hora da reserva nas instalacións de tenis, frontón e Squash. Dende as 20:00 h do segundo día anterior o día da reserva ata 3 horas antes da reserva nas instalacións de pavillóns e campos de fútbol.

Lugar: A través da web municipal na dirección reservasdeportes.vigo.org. Si o usuario/a é titular da tarxeta “Vigo Terreo de Xogo”, poderá acceder directamente indicando a súa contrasinal. Os demais usuarios sen tarxeta do IMD, deberán rexistrarse na WEB para obter a contrasinal de acceso, sendo necesario indicar nome, apelidos, DNI, un nº de telefono e un e_mail.

Forma de pago: Con tarxeta bancaria, a través da pasarela de pago da propia WEB. Os titulares da tarxeta “Vigo terreo de xogo” cun bono, poderán realizar a reserva e usar o propio bono para realizar o pago da instalacións. Únicamente para as instalacións de Tenis, frontón e padel.

Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Horarios: Poderán facerse reservas dende as 20:00 h do segundo día anterior ó día da reserva ata a hora da reserva nas instalacións de tenis, frontón e Squash. Dende as 20:00 h do segundo día anterior o día da reserva ata 3 horas antes da reserva nas instalacións de pavillóns e campos de fútbol.

Lugar: As reservas para as modalidades de Tenis, Padel, Frontón e Squash Balaídos realizaranse nas propias instalacións de xogo ou na conserxería do Complexo Deportivo Municipal das Travesas nos seus horarios de apertura.

As reservas de Squash Travesas e Lavadores serán realizadas directamente na propia instalación a reservar, nos seus horarios de apertura.

Forma de pago: Os titulares da tarxeta “Vigo terreo de xogo”, poderán facer o pago a través dun bono activo para Tenis, Frotón e Squash. Para as demais instalacións e campos de fútbol o pago realizarase con tarxeta bancaria.

Por teléfono

Horarios: Poderán facerse reservas dende as 20:00 h do segundo día anterior ó día da reserva ata a hora da reserva nas instalacións de tenis, frontón e Squash

Teléfonos

Para as reservas de Tenis, Padel, e Frontón se realizarán no teléfono

                  - Complexo Municipal de Travesas 986 239 997.

                  - Complexo deportivo municipal de Samil no teléfono: 986 241 579

Para as reservas de Squash serán realizadas no telefono da propia instalación:

                  - Pavillón deportivo municipal do Berbés: 986 204 149

                  - Complexo deportivo municipal de Balaídos no teléfono: 986 293 208

Para as reservas de Squash nas piscinas:

                  - Piscina municipal das Travesas: 986 295 444

                  - Piscina municipal de Lavadores: 986 264 744

Forma de pago: Soamente poderán facer este tipo de reservas os usuarios titulares da tarxeta “Vigo terreo de xogo”, que teñan activo un bono de reserva para Tenis, Frontón e Pádel.

Oficinas

  • Servizo Municipal dos Deportes Avda. de Castrelos 1

    Horario: De 8:30 a 13:00 horas do 1 de Xuño ata o 31 de Agosto.
    De 9:00 a 14:30 horas o resto do ano.

Normativa Municipal

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información