Escudo Concello de Vigo

Exención da Taxa de Recollida de Lixo de Vivendas

Trámite para quedar exento do pago da taxa por recollida de residuos sólidos urbanos no termo municipal de Vigo, o seu transporte aos centros de eliminación e posterior tratamento.

A quen está dirixido

En xeral: Estarán exentos do pago da Taxa de Lixo das vivendas que constitúan a residencia habitual do solicitante, os membros de familias con ingresos brutos anuais, per cápita, inferiores a 4.166 €, e 6.519 € para o caso de familias numerosas. Ademais, a titularidade de Bens Inmobles de Natureza Urbana, fóra da vivenda na que residen, non poderá superar un valor catastral total de 50.538 €. O ingreso bruto anual per capita calcularase dividindo a totalidade dos ingresos brutos anuais de todas as persoas que convivan nunha vivenda entre o número total daquelas.

Familias Numerosas: Deberán acompañar o título de familia numerosa vixente a 1 de xaneiro do exercicio no que producirá efectos a exención.

Persoas maiores de 65 anos: Aplicarase aos seus ingresos brutos un coeficiente redutor do 0,50 (redución do 50%).

Persoas que vivan soas: Aplicarase aos seus ingresos brutos un coeficiente redutor do 0,55 (redución do 45%).

Persoas maiores de 65 anos que vivan sós: Aplicarase aos seus ingresos brutos un coeficiente redutor do 0,35 (redución do 65%).

Vítimas de violencia de xénero con sentenza firme: Aplicarase aos seus ingresos brutos un coeficiente redutor do 0,35 (redución do 65%) nun período de 5 anos a contar desde a data da sentenza firme.

Familias Monoparentais: Obrigado ter concedido o certificado de monoparentalidade expedido pola Xunta de Galicia. Aplicarase aos seus ingresos brutos un coeficiente redutor do 0,55 (redución do 45%) se só percibe ingresos o proxenitor/a custodio/a e os fillos son menores de 18 anos.

Desempregados de longa duración: Aplicarase aos seus ingresos brutos un coeficiente redutor do 0,35% (redución do 65%), ás persoas con cargas familiares que leven en situación de desemprego máis de 22 meses ininterrompidos, a contar dende o 1 de xaneiro do ano anterior o da solicitude.

Dependentes con resolución de dependencia: Aplicarase aos seus ingresos brutos un coeficiente redutor do 0,50 (redución do 50%), con independencia do seu grado.

Dependentes maiores de 65 anos: Aplicarase un coeficiente redutor do 0,35 (redución do 65% dos seus ingresos brutos).

Dependentes maiores de 65 anos que vivan sós: Aplicarase un coeficiente redutor do 0,30 (redución do 70% dos seus ingresos brutos).

Persoas con discapacidade:

Grao igual ou superior ao 65%: computará como 2 persoas no cálculo da renda percápita.

Grao igual ou superior ao 33 e inferior ao 65%: computará como 1,5 persoas no cálculo da renda percápita.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.




Presencialmente

As solicitudes de exención deberán ser presentadas xunto coa documentación requerida, na oficina de Lixo Vivendas do Concello de Vigo, na Praza do Rei, entre o 1 de outubro e o 31 de decembro de cada ano e, no caso de resultaren estimadas, producirán efectos para o exercicio seguinte a aquel no que foran presentadas.

As persoas maiores de 65 anos que vivan soas presentarán a solicitude unha única vez e, sempre e cando as circunstancias iniciais de exención non varíen, a Administración Tributaria actuará de oficio nos seguintes exercicios. No caso contrario, deberán comunicalo xa que, de non facelo a exención quedará sen efecto.

Documentación requirida

  • Se é inquilino da vivenda
    • Indicar o propietario da vivenda na que vive
      ou presentar o contrato de aluguer
  • No caso de familias monoparentais ademais:
    • Certificado de Familia Monoparental expedido pola Xunta de Galicia
      vixente a 1 de xaneiro do ano obxecto da exención. So para o caso de fillos menores de 18 anos.
  • No caso de ser vítima de violencia de xénero ademais:
    • Copia da sentenza firme onde se recolla dita situación
      non sendo ésta xustificable con ningún outro documento xudicial, e sempre e cando non tiveran transcorrido máis de 5 anos dende a data de dito documento.
  • No caso de desempregados de larga duración con cargas familiares, ademáis:
    • Certificado do Servicio Público de Emprego Estatal
      Deberá xustificar a permanencia de 22 meses ininterrompidos na situación de desemprego, a contar dende o 1 de xaneiro do ano anterior ao da solicitude.
  • No caso de familias numerosas ademais:
    • Título de Familia Numerosa
      Vixente a 1 de xaneiro do exercicio en que deba surtir efectos a exención.
  • No caso de persoas dependentes ademais:
    • Resolución de Dependencia
      emitido pola Xunta de Galicia.
  • No caso de persoas con discapacidade:
    • Resolución do grado de discapacidade e carácter desta emitido pola Xunta de Galicia
      Deberá constar o carácter e grao da discapacidade.

Oficinas

  • Administración de Tributos: Lixo-Vivendas

    Concello de Vigo Praza do Rei 1 - Planta Baixa 36202 Vigo Teléfono: 986 810 173 / 986 810 100 Extensión 1348

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información